LUGO .- O delegado da Área de Deporte da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, presentou este mércores a segunda edición do torneo de categorías de base BasketFoz 09 que terá lugar no pavillón municipal de Marzán, situado en Foz, entre os días 4 e 8 de abril. No acto de presentación tamén estiveron presentes a delegada da Federación Galega de Baloncesto en Lugo, Patricia Rico, o director deportivo da Fundación Balogal, Cristino Menor, a concelleira de cultura de Foz, Rosa Alonso e o presidente da entidade organizadora da competición, o Club Baloncesto Celtas de Foz, José Antonio Sama Díaz.
Na súa intervención, Antonio Veiga, resaltou a necesidade de fomentar e impulsar a práctica de calquera disciplina deportiva dende a base. Nesta liña, o delegado da Área de Deporte salientou o labor realizado polo Club Baloncesto Celtas de Foz nos últimos 30 anos en prol do baloncesto na Mariña. Iniciativas coma esta, asegurou o nacionalista, facilitan a consolidación desta práctica deportiva na zona, ao tempo que serven como elemento dinamizador e socializador.
Nesta segunda edición do campionato BasketFoz 09 establécense novamente dúas categorías, a cadete masculino (anos 93 e 94) e junior masculino (92 e 91). No cadro de competición preséntanse oito equipos por categoría. Dous grupos de catro equipos contra todos e as posteriores fases finais. Deste xeito, cada equipo xogará un mínimo de catro encontros, segundo explicou presidente do Club Baloncesto Celtas de Foz. Así, os días 4, 5 e 6 de abril disputarán o torneo na categoría cadete o Estudiantes Lugo, o Ferrol Club Baloncesto Transporte Javier, o Club Baloncesto Corpi (Xixón), o Club Baloncesto Viveiro, o Gayolo Ford Santo Domingo Betanzos, o Aluminio Cortizo Cluny (Santiago), o Grupo Covadonga (Xixón) e o Club Baloncesto Primeira Calidade de Foz. Os días 6,7 e 8 tócaralle a quenda á categoría junior na que participan o Cidade de Lugo, o Ponte Rasacha (Valladolid), o GDB Leça (Portugal), o AP Cambre (A Coruña), o Caixanova Rosalía (Santiago), o Club Baloncesto Corpi (Xixón) e o Club Baloncesto Viveiro.
A Área de Deportes da Deputación de Lugo promove esta iniciativa xunto coa Consellería de Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral para o Deporte, a Federación Galega de Baloncesto, a Fundación Deporte Galego e o Concello de Foz.






















Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



