CERVO .- O Concello de Cervo destinará 25.590 euros en axudas para clubs e asociacións deportivas do Concello. As axudas teñen por obxecto colaborar nos gastos correntes derivados da realización das actividades de promoción deportiva ou participación en campionatos deportivos federados, así como tamén compensar os gastos xerais de funcionamento, conservación, mantemento e reparacións menores nos que poidan incorrer estas entidades.
NOTA DE PRENSA
O Boletín Oficial de Provincia publicaba o pasado sábado a orde de convocatoria que regulamenta a concesión destas subvencións para entidades sen ánimo de lucro radicadas no termo municipal cervense
CERVO DESTINARÁ 25.590 EUROS PARA CLUBS E ASOCIACIÓNS DEPORTIVAS DO MUNICPIO
• As axudas teñen por obxecto colaborar cos gastos correntes derivados da participación en campionatos deportivos federados ou realización de actividades de promoción deportiva, así como tamén compensar os gastos xerais de funcionamento, conservación, mantemento e reparacións nos que incorran estas entidades.
• Hoxe se inicia o prazo de presentación das solicitudes que rematará en 15 días hábiles. Os interesados deben aportar a documentación necesaria no rexistro xeral da Casa do Concello.
Cervo, 06 de abril de 2008.- A edil delegada de Deportes, Yolanda Pedreira Cruz, informou que o Concello de Cervo destinará 25.590 euros en axudas para clubs e asociacións deportivas do municipio. A devandita contía distribuirase conforme regulamenta a orde de convocatoria destas subvencións publicada o pasado sábado 06 de abril no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP). A ela poderán acollerse todos os clubs e asociacións deportivas legalmente constituídos que teñan a súa sede no concello de Cervo e desenvolvan actividades de interese municipal.
As axudas teñen por obxecto colaborar nos gastos correntes derivados da realización das actividades de promoción deportiva ou participación en campionatos deportivos federados, así como tamén compensar os gastos xerais de funcionamento, conservación, mantemento e reparacións menores nos que poidan incorrer estas entidades.
O prazo para solicitar estas subvencións dá inicio no día de hoxe, luns 6 de abril, e rematará dentro de 15 días hábiles, isto é o luns 27 deste mesmo mes. Os interesados deben presentar a documentación necesaria no rexistro xeral da Casa do Concello. A través desta liña de axudas o Goberno municipal colabora e impulsa cos esforzos desenvolvidos por diversos colectivos no ámbito do fomento do deporte e noutras actividades recreativo-deportivas.






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



