BURELA .- (FNC) O pasado sábado día catro de abril de 2009 reuniuse en Burela o xurado do XXVII Premio de Novela Longa BLANCO AMOR, integrado por Inma López Silva, Olalla Cociña Lozano, Emilio Xosé Insua López, Santiago Jaureguízar e Armando Requeixo Cuba, asistidos pola Concelleira de Cultura, Neves Cando López en calidade de membro sen voto que actuou como secretaria, e despois das deliberacións correspondentes, acordaron por unanimidade:
Conceder o Premio de Novela Longa BLANCO AMOR á presentada baixo o lema “Arcadia Bis”, que, unha vez aberta a correspondente plica, resultou ser da autoría de LUÍS REI NÚÑEZ (a novela levará o título definitivo de “MONTE LOURO”).
O xurado valorou especialmente a profundidade psicolóxica dos personaxes, a plasticidade e realismo das descricións xeográficas, o coidado estilo e a riqueza da lingua, o verismo dos diálogos, a estrutura e progresión narrativa e, por último, a fondura e delicadeza con que se formulan e resolven as grandes cuestión do ser humano.
Asimesmo o xurado acordou declarar FINALISTAS deste XXVII Premio de Novela Longa BLANCO AMOR as obras presentadas baixo o lema “O pasado aínda está por vir” e “Un último destino”.
A esta XXVII edición do Premio de Novela Longa Blanco Amor presentáranse 25 orixinais. Nunha primeira selección do xurado escolléronse 9 novelas, que quedaron reducidas a 4 para a escolla definitiva. Á parte da novela gañadora, o xurado estimou oportuno resaltar dous títulos máis como finalistas, dada a grande calidade das obras presentadas.
Nos vindeiros días darase a coñecer a data de entrega do premio que terá lugar nun acto público ao que serán convidados e convidadas os membros do xurado, os/as alcaldes/alcaldesas dos concellos patrocinadores deste Premio, entre outras autoridades.






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



