RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, está desgustado coa actitude que o Ministerio de Fomento está a ter con esta vila despois de negarlle a construción dun novo acceso desde A-8. O rexedor considera que “empezamos esta semana cunha mala noticia por parte do Ministerio de Fomento para con Ribadeo”. Suárez Barcia lembra que “nós presentamos unha proposta que non foi outra que aquela que hai poucos meses a Corporación por unanimidade acordou dirixirse a Fomento para que estudaran a posibilidade de construír un novo acceso a Ribadeo desde a autovía do Cantábrico, dado que actualmente desde Asturias en sentido Galicia hai dúas saídas e desde Galicia en sentido Asturias só temos unha, que é a que está ás portas do que é o Ribadeo urbano, onde vai estar o polígono industrial”.
O rexedor engade que “fixemos de bo grao esta petición e eu mesmo transmitínlla en man á anterior ministra de Fomento na inauguración do tramo de Barreiros e agora vexo con desagradable sorpresa o desapego que ten Fomento con Ribadeo, dado que o venres chegoume un comunicado asinado polo enxeñeiro xefe da Demarcación de Estradas de Galicia dicindo que non hai lugar a isto. Recoñece que xa foi pedido ese acceso no 2004 e que agora de novo se volve a pedir e que xa foi denegado pola Dirección General de Carreteras”.
A Fernando Suárez isto parécelle “unha actitude desleixada por parte da administración periférica do Estado que chega a ser hostil con Ribadeo e eu creo que debemos contestar con tranquilidade e serenidade, pero con contundencia. E eu mesmo como alcalde de Ribadeo vou contactar con representantes do partidos políticos no Congreso para que a través dos seus grupos, PSOE, PP, BNG… presenten proposicións non de lei para que o Goberno do Estado lle faga caso a Ribadeo”. O alcalde di que “me parece que tendo que aguantar cos estragos que as obras da autovía lle ocasionaron a este concello e todas as voltas que tivemos que dar para que nos fixesen caso, e que agora vemos ademais que non se dignan a estudar un acceso central a Ribadeo, creo que teñen unha actitude un pouco desleixada con nós. E creo que non podemos permitir desde o punto de vista institucional e formal que isto aconteza en Ribadeo”.




















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



