A situación da política na Mariña dende logo que non é un mar de rosas, fai auga por as catro esquinas, agora que se anuncian congresos e renovación de xentes e ideoloxías e hora de facer algunhas puntualizacións encol do que aquí sucede.
Na nosa política existe a representación directa. O sistema electoral caracterizouse pola total ausencia dunha relación directa entre elector e elixido: non se vota ao candidato senón a listas pechadas que elaboran as direccións dos partidos políticos, non os afiliados os que se lles da todo cocido e ben cocido. Non hai control dos cidadáns cara ao seu representante,o representante, tanto no Parlamento galego como nos concellos , deputacións e demais non pode ter criterio propio, convértese nunha máquina de votar o que lle ordenan (ás veces, mesmo, sen saber o que vota) e deixa de exercer como representante dos seus electores para converterse nun representante do xefe do seu partido, que é quen o inclúe na lista. Precisamente o sistema de elección por listas pechadas e bloqueadas constitúe unha das causas fundamentais do deterioro do sistema político. O cidadán non decide en realidade o seu representante senón que debe limitarse a votar unha lista que elaboraron outros. Tamén é explicable que os debates anden escasos, case por completo de argumentos ,xa que non hai que convencer a ninguén: todos actúan por disciplina de voto. En conclusión deixase de representar a soberanía popular para representar a vontade das cúpulas dos partidos.
Partitocracia é o nome que describiría mellor o funcionamento do noso sistema político. Trátase dunha estrutura política na que son as direccións dos partidos (e non os seus militantes, que nalgúns casos son mangoneados e si son críticos nin sequera os invitan as asembleas) as que deciden os que serán os representantes e as que exercen un control estrito sobre os membros elixidos, concelleiros, deputados e demais, de maneira que estes non poden ter criterio nin decisión propia.
Os partidos políticos tamén carecen de democracia interna. Por iso, as Institucións quedan dominadas por unhas estruturas burocráticas sen control interno e un control democrático externo demasiado débil. E esta estrutura reprodúcese nos niveis autonómico e municipal. Ante esta falta de mecanismos de control non é estraño que a corrupción e os abusos se xeneralicen sen que haxa forma de poñerlles freo.
Este sistema que padecemos tamén produce unha selección perversa dos representantes e gobernarnos xa que os criterios que acaban contando para ser deputado ou concelleiro non adoitan ser a valía persoal ou profesional nin coa confianza dos votantes nesa persoa. Con demasiada frecuencia, trátase de pasar longos anos medrando nun partido, amosando fidelidade ao líder ata que se decide que pode entrar na lista electoral. Foméntase así a creación dunha casta de políticos que fan do cargo a súa forma de vida. Por iso, o mantemento no poder convértese no obxectivo primordial e a discusión política é máis unha loita pola repartición dos postos que un debate de proxectos de futuro. Así, os concellos que gobernan tenden a ser percibidos por algúns dirixentes como unha extensión do partido, un enorme paquete de cargos para repartir entre os seus membros tras a loita electoral. En definitiva, ante este inadecuado funcionamento do sistema, as decisións dos políticos tenden a reflectir máis os seus propios intereses e os dos seus partidos que os dos militantes e cidadáns.
Finalmente, a loita partidista polo poder e os cargos supera os límites e remata estendéndose e contaminando unha boa parte da sociedade civil á que os partidos intentan controlar: sindicatos, asociacións empresariais, intelectuais, artistas etc. Utilizan para iso todo tipo de axudas, subvencións e, en definitiva, gasto clientelar, financiado co diñeiro do contribuínte, para conseguir o apoio. Así, moitas organizacións sociais tenden a aliñarse cun partido político, perdendo tamén a súa independencia.
Por eso, quixera facer chegar estas reflexións a eses congresos que están a caer, quizabes os que non sexan analfabetos funcionais e teñan unha pizca de sentidiño común podan empuxar para cambiar as cousas.
Non son poucos os motivos para formular, de forma urxente e sen complexos, a necesidade de acometer unhas reformas inaprazables do noso sistema político, reformas que fomenten unha representación máis directa dos cidadáns, garantan unha efectiva separación de poderes, provean un eficaz sistema de selección dos políticos, establezan eficaces mecanismos de control do poder e eviten a influencia dos gobernantes nos medios de comunicación.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



