NOTA DE PRENSA
Os populares promoverán varias iniciativas na Cámara autonómica e nas cortes xerais co obxecto de obter as informacións oportunas respecto desta situación. Non descartan efectuar unha queixa formal de confirmarse estes datos diante do Ministerio de Economía e Facenda
BALSEIRO ALERTA DA VULNERABILIDADE DA COSTA MARIÑÁ FRONTE AO NARCOTRÁFICO
* O deputado popular interésase polas informacións que apuntan que a lancha do Servizo de Vixilancia Aduaneira, con base no porto de Ribadeo, leva amarrada durante meses como consecuencia dunha avaría.
* A inoperatividade desta patrulleira reduce dun xeito significativo os medios de titularidade pública dispostos no mar co fin de loitar contra a acción dos ilegais e o contrabando.
A Mariña, 24 de abril de 2009.- O deputado do Partido Popular de Galicia (PPdeG) José Manuel Balseiro Orol deu a voz de alerta sobre a vulnerabilidade da costa da Mariña lucense fronte ao narcotráfico. O parlamentario popular realizou a devandita afirmación despois de ter coñecemento, a través de diversas informacións xornalísticas e varias denuncias sindicais, de que a patrulleira do Servizo de Vixilancia Aduaneira con base en Ribadeo, permanece amarrada no peirao de Mirasol, desde o pasado mes de novembro, polo que non realizou ningunha saída. Segundo estas mesmas informacións, das que se fai eco Balseiro Orol, a falta de actividade desta lancha é consecuencia dunha avaría nos seus motores e que permanecería sen arranxar desde fai meses.
REFORZAR OS CONTROIS
O deputado popular entende que a inoperatividade desta patrulleira reduce dun xeito significativo os medios de titularidade pública dispostos no mar co fin de loitar contra a acción dos ilegais, no obxectivo de abortar as intencións daqueles que intentan introducir polas costas da nosa comarca drogas e outros produtos do narcotráfico. A precariedade que hoxe presenta o Servizo de Vixilancia Aduaneira con base en Ribadeo, de confirmarse cada un destes estremos, pon de relevo unha grave debilidade deste operativo e, en consecuencia, debera ser conveniente desenvolver as xestións que foran precisas para reforzar os controis, ao menos durante o tempo no que non están operativos os medios marítimos de loita contra o narcotráfico.
QUEIXA FORMAL
Balseiro quere coñecer se a administración autonómica ten constancia destes feitos e, con este obxecto presentou unha iniciativa no Parlamento de Galicia, así como tamén solicita, de confirmarse cada un destes extremos e, de xeito especial, a falta de reparación desta lancha durante meses, que a Xunta efectúe unha queixa formal diante do Goberno central.
INICIATIVAS PARLAMENTARIAS
Ao mesmo tempo, o Partido Popular desenvolverá unha acción coordinada cos seus deputados e senadores para que demanden as explicacións oportunas ante o Ministerio de Economía e Facenda, órgano do que depende o Servizo de Vixilancia Aduaneira. En especial quere coñecer cales son as razóns polas que a lancha permanece ou permaneceu amarrada en porto, cal e o motivo polo que non se está a reparar en tempo e forma a avaría detectada nesta patrulleira e se existen medios alternativos ou foi reforzado o servizo de loita contra o narcotráfico nas costas da Mariña lucense, tendo en conta a actual precariedade do servizo.
UN SERVIZO BÁSICO NA LOITA CONTRA O CONTRABANDO
O Servizo de Vixilancia Aduaneira (SVA) é un organismo de carácter policial que desenvolve a súa actividade na loita contra o contrabando. Organicamente depende do Departamento de Aduanas e Impostos Especiais da Axencia Tributaria (AEAT) e, polo tanto do Ministerio de Economía e Facenda. As súas operacións e investigacións están encamiñadas á represión dos delictos e infraccións tipificados na Lei Orgánica de Represión do Contrabando, en todo o territorio español, no seu espazo aéreo, e nas súas augas xurisdiccionais; aínda que, os medios con que conta permítenlle tamén realizar abordaxes de buques dedicados ao tráfico de drogas en augas internacionais. Durante o 2008 os profesionais que integran este servizo lograron a incautación de 234.838 quilogramos de drogas (fundamentalmente cocaína e hachís)




















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



