Nota de Prensa
O GPPP INTERÉSASE POLA POTENCIACIÓN DO MUSEO PROVINCIAL DO MAR DE SAN CIPRIÁN
• O voceiro adxunto, José María González Barcia, insta á Deputación a que execute os investimentos previstos
Cervo, a 17 de abril de 2009.- O voceiro adxunto do Grupo provincial do Partido Popular, José María González Barcia, no transcurso dunha visita realizada hoxe ó Museo do Mar de San Ciprián, acompañado polo concelleiro de Turismo de Cervo, Antonio Basanta, e tras lembrar que estas dependencias, fundadas en 1969 por D. Francisco Rivera Casás, pasaron a depender da administración provincial na etapa de goberno do PP, explicou que o GPPP interesarase pola súa potenciación ó entender que “esta instalación pode e debe incrementar a súa referencia no mundo educativo, e de respecto ó medio mariño e medioambiental”.
Ó entender dos populares a ampliación do Museo do Mar, un proxecto do que se ven falando nos últimos dous anos pero que ata agora non se concretou, é imprescindible, dada a singularidade do edificio que o alberga.
A demora na ampliación é, segundo indicou Barcia, “un feito incoherente coas vellas demandas formuladas polos nacionalistas cando formaban parte das bancadas da oposición no Pazo de San Marcos”. Está a “afogar”, ademais, a propia capacidade do museo para albergar innumerables pezas de valor patrimonial destacable, ó tempo que impide despregar o amplo potencial que o espazo museístico ten, facendo que a boa vontade e o esforzo de moitos veciños e veciñas por contribuír á súa mellora quede en auga de borrallas.
INVESTIMENTOS.-
González Barcia lembrou que a Deputación incluiu nos orzamentos deste ano unha partida de 47.500’00€ para este museo “aínda que non se especificaba a qué se ían adicar”, e que incluso nos do 2008 estaba recollido un investimento real de 66.800’00€.
Este descenso dun 30 por cento nas partidas consignadas denota, ó entender do GPPP, “desinterese” polo museo e, como consecuencia é “notorio” o deterioro que están a sufrir as instalacións, con filtracións de auga que poden chegar a afectar ós elementos expositivos, entre outras deficiencias que afectan seriamente ó edificio e ó seu potencial.
Considerou, neste senso, González Barcia que o recente anuncio do deputado delegado de Cultura do organismo provincial, Antonio Veiga, de que se ía renovar o sistema de recollida de augas pluviais é “tardío e insuficiente”. “O que se prevé gastar nesta obra non supón nin o 10 por cento do investimento previsto para este ano. Estamos en abril e aínda descoñecemos a qué se van adicar o resto dos cartos”, engadiu.
Barcia tamén incidiu no feito de que, mentres se reduce o investimento directo no museo, “multiplícanse por seis os cartos adicados a traballos realizados por outras empresas, pasando de 10.000 a 60.000 euros, sen especificar, ademais, a qué se van adicar eses cartos e sen que se vexan os seus resultados”, suliñou.
O voceiro adxunto do GPPP recalcou en que os únicos investimentos de relevancia realizados no museo datan da época de mandato popular na entidade provincial e permitiron a recuperación integral do seu interior e a organización, da man da asociación veciñal sancibrense, das salas e os seus elementos.
SEN MANTEMENTO.-
Para os populares, a Deputación fai “un nulo” mantemento das instalacións. Lembran neste senso que é o primeiro Museo do Mar existente en Galicia, “unha xoia á que non lle damos o valor que ten”, xa que, segundo indicaron, “non hai ningún interese en promocionalo. Exemplo delo é que a páxina web está desfasada e non se actualiza”.
Así, segundo indicaron, a Deputación tiña previsto instalar cámaras de vixilancia dentro e foro do edificio, pechar o patio traseiro e cambiar o canalón (instalado pola Escola taller de Sargadelos en 1990) e a cuberta do edificio (que data do ano 1930), pero nada desto se fixo.
Non se pintou, nin se barnizou nin tratou máis o chan, hai humidades que poñen en perigo as pezas e documentos que alberga o museo. Ademais, as fondos cos que conta están almacenados en containers de acero, sin control de humidade nin temperatura.
Salientan os populares que a meirande parte deste material foi doado polos veciños de San Ciprián, e do resto Mariña, para que se espuxeran no museo pero, sobre todo, se conservaran. Pero non se cumpre nin unha premisa nin outra, porque non hai espacio para que todas as pezas que se atopan na comarca poidan depositarse nestas despendencias. Por elo, teñen que ser derivadas a otros lugares, como foi o caso dos restos dun buque do século XVIII encontrados en Moras, restos arqueolóxicos da Atalaia, castros, etc.
Non só non se incrementaron as pezas do museo senón que, por riba, nin se expoñen nin se conservan as que con tanto traballo lles costou conseguir ós antiguos xestores, a Asociación de Veciños Cruz da Venta de San Ciprian.
APOSTA POLO IMPULSO DIDÁCTICO DO MUSEO.-
Ademais, Barcia considera que debe incrementarse a divulgación do Museo, sobre de todo no eido do ensino, e potenciarse ó desenvolvemento de iniciativas culturais e educativas que teñan como obxectivo pór en valor o medio ambiente e a preservación do medio mariño, así como dar a coñecer e manter a tradición e o patrimonio etnográfico marítimo – pesqueiro da comarca.



















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



