A MARIÑA .- A primeira etapa da “II Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo” tivo un claro cor internacional, trala victoria de etapa e liderato para o ruso do Lokomotiv Rodriges Argueyes. Ademáis o xove ciclista enfundouse o maillot de líder da Montaña e da Clasificación de Sub 23.
Con saída e chegada e Ribadeo, comezou con tradicional corte de cinta, presidido polo rexidor da localidade Fernando Suárez, acompañado polo Concelleiro de Deportes, Vicente Castro, o Delegado de Deportes da Deputación de Lugo, Antón Veiga, e o Presidente do Cidade de Lugo-Artesanía de Galicia, Eugenio Paz. O ciclista profesionaldo Xacobeo Galicia, Alejandro Paleo tamén foi protagonista na liña de saída, amosando o seu apoio ó evento.
COMUNICADO DE PRENSA
Rodrigues Argueyes (Lokomotiv) vence e convértese no primeiro
líder da “II Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo”
O ribadense Cerezo (Artesanía de Galicia) enfúndase o maillot de mellor galego tras facer a entrada en meta na novena praza.
PRENSA VCL, 29 de maio do 2009
A primeira etapa da “II Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo” tivo un claro cor internacional, trala victoria de etapa e liderato para o ruso do Lokomotiv Rodriges Argueyes. Ademáis o xove ciclista enfundouse o maillot de líder da Montaña e da Clasificación de Sub 23. Completaron o podio da xornada Antonio García (UPV Bancaja) e Alexandre Rybakov (Lokomotiv). Para Rusia tamén foi o maillot de mellor Sub 21, neste caso co ciclista Sergey Chemetsky. A clasificación das Metas Voantes foi para o conxunto galego Caixanova, grazas a Anton Midlin. En canto a xeral dos Galegos, o primeiro en enfundarse o maillot foi o ribadense do Artesanía de Galicia José Antonio Cerezo, que remataba a etapa noveno. Por equipos, o Lokomotiv foi o mellor nesta xornada.
Película da etapa
A primeira etapa da “II Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo”, con saída e chegada e Ribadeo, comezou con tradicional corte de cinta, presidido polo rexidor da localidade Fernando Suárez, acompañado polo Concelleiro de Deportes, Vicente Castro, o Delegado de Deportes da Deputación de Lugo, Antón Veiga, e o Presidente do Cidade de Lugo-Artesanía de Galicia, Eugenio Paz. O ciclista profesionaldo Xacobeo Galicia, Alejandro Paleo tamén foi protagonista na liña de saída, amosando o seu apoio ó evento. Según o horario previsto comezaba xa a competición con 126 ciclistas en carreira, nunha xornada que estivo marcada, ata as postrimerías do primeiro alto da xornada por continuos intentos de fuga, pero sen éxito. O paso polas metas voantes de Burela e Viveiro dixou un balance de tres coredores con 3 puntos, Gonzalo Miranda (UPV Bancaja), David Calatayud (Contentpolis) e Anton Midlin (Caixanova), sendo éste último o primeiro en cruzar a meta e, polo tanto, o primeiro líder das Metas Voantes.
A verdadeira loita polo trunfo final comezaba a 6 kilómetros do primeiro alto da xornada, momento no que se van Rodriges Argueyes (Lokomotiv), Antonio García (UPV-Bancaja), Jozef Van (Diputación de León), Alexandre Rybakov (Lokomotiv) Carlo Oyarzun (Froiz). No Alto do Valadouro (2ª-km. 79,3) pasan nos primeiros postos Argueyes, García e Van. O paso polo alto a diferenza do quinteto é de 50 segundos sobre un grupo de 13 unidades e de 1:35 sobre o pelotón. No kilómetro 90 únese ó quinteto o ciclista do Lokomotiv Aretn Ovechkin. No segundo alto da xornada, o de Couboeira (3ª-km. 96,5) repítese o mesmo paso, proclamándose Argueyes (Lokomotiv) primeiro líder da Montaña.
As diferenzas do sexteto de cabeza van aumentando ata superar o minuto, mentres por detrás vanse formando distintos grupetos. Xa na meta, prodúcense pequenas diferenzas de tempo entre os escapados, proclamándose gañador Rodriges Argueyes (Lokomotiv), cunha mínima vantaxe de 2 segundos sobre Antonio García (UPV Bancaja) e de 4 segundos sobre o corredor tamén do conxunto ruso Alexandre Rybakov. O primeiro grupo perseguidor facía a súa entrada a 1:36 co ciclista ribadense do Artesanía de Galicia, José Antonio Cerezo, na novena praza.
A Volta na rede
Entre os aspectos salientables da “I Volta ás comarcas de Lugo-Gran Premio Deputación”, cabe salientar a posibilidade de achegarse á información da proba a través de Internet. Concretamente na web www.voltaascomarcasdelugo.com. Un espazo informativo onde se poderán ver e descargar os trazados da proba, a relación de equipos, as imaxes da Volta ou as clasificacións de cada xornada xunto coas crónicas das mesmas.
CLASIFICACIÓN ETAPA E XERAL
1º- Rodriges Argueyes (Lokomotiv) 03:24:44
2º- Antonio García (UPV Bancaja) a 2 seg.
3º- Alexandre Rybakov (Lokomotiv) a 4 seg.
4º- Jozef Van (Diputac. De León) a 8 seg.
5º- Arten Ovechkin (Lokomotiv) a 28 seg.
6º- Carlos Oyarzun (Froiz) a 29 seg.
7º- Rafael Rodríguez (Froiz) a 01:36
8º- Carlos Baltazar (Aluvia Valongo) a 01:36
9º- José Antonio Cerezo (Artesanía de Galicia) a 01:36
LIDER MONTAÑA
1º- Rodriges Argueyes (Lokomotiv)
LIDER METAS VOANTES
1º- Anton Mindlin (Caixanova)
LIDER XERAL GALEGOS
1º- José Antonio Cerezo (Artesanía de Galicia-Cidade de Lugo)
LIDER SUB 23
1º- Rodriges Argueyes (Lokomotiv)
LIDER SUB 21
1º- Sergey Chemetsky (Lokomotiv)
























Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



