XOVE .- O Concello de Xove conta con dous novos vehículos de adquisición propia que serán destinados a brigada municipal de obras. Tratase de un camión cunha capacidade de carga de 3.500 quilos e de un vehículo de uso mixto, que pode transportar persoas e carga ao mesmo tempo. Ambos aportarán unha mellora para os servizos que presta a brigada municipal. Na recepción dos vehículos participou o alcalde, Demetrio Salgueiro; o primeiro tenente de alcalde, José Manuel González, e do xerente de Nissan Autoprais Lugo Ramón González.
NOTA DE PRENSA
PRESENTADOS DOUS NOVOS VEHÍCULOS PARA BRIGADA MUNICIPAL DE OBRAS DO CONCELLO
Hoxe pola mañá, na Praza do Centro Cívico, tivo lugar a presentación dos dous novos vehículos adquiridos polo Concello para Brigada Municipal de Obras, presentación que contou coa presencia do Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado do 1º Tnte. De Alcalde José Manuel González e do Xerente de Nissan Autoprais Lugo Ramón González.
Trátase dun Nissan Navara e dun Nissan Atleon, o primeiro é o que se coñece como pick up (expresión americana) e o segundo un camión con carga de 3.500 kilos. Trátase de dous vehículos novos e completamente equipados que van se adscritos á Brigada Municipal de Obras, e que lle supuxeron unha inversión de 70.000 euros ao Concello, 27.700 €uros o Nissan Navara e 42.200 o Nissan Atleon.
Os dous vehículos van ser destinados a obras de tipo pequeño e mediano, dado que o Concello xa dispón dun camión grande que se utiliza para as obras de maior envergadura.
O Nissan Navara é un vehículo de uso mixto, dado que pode transportar persoas (4 máis o conductor) e carga ao mesmo tempo, sendo especialmente efectivo para chegar a lugares de difícil acceso, dado que está equipado con tracción integral. En canto ao Nissan Atleon trátase dun camión de mediano tonelaxe equipado cunha pequena grua, especialmente axeitado para traballos de albanelería.
Como conclusión, decir que os dous vehículos van supor unha importane mellora nos servizos que a Brigada Municipal de Obras presta a tódolos veciños.



















Expón ata o sábado as novidades para este outono/inverno, co catalogo modificado de forma considerable, reducindo algúns modelos da súa produción, asi como a presentación duns 100 diseños novos, modificando tamen os acabados finaiss incluíndo cor en todas as pezas (en alta temperatura) azul, azul turquesa, verde, laranxa…
A clínica focense comprométese coa entidade laranxa e segue garantizándonos o bo estado de saúde dos nosos dous planteis.
Na reunión tratáronse as principais necesidades do municipio e exploráronse posibles vías de colaboración desde a Xunta para levar a cabo iniciativas conxuntas, no marco do compromiso do Goberno galego co eido local.
Xunto aos asistentes estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, que lles agradeceron que escolleran a vila ribadense para a celebración deste encontro.
Á tarde foi a sesión regato nas Escolas vellas de Cervo da man de Caxoto coa colaboración de Tarabela Creativa e Airiños do Xunco. Pola noite foi a quenda da sesión Río para público adulto no local Social da asociación de veciños do Burgo de Trasbar da man de Dani Blanco.
Félix Jorquera entrevistou ao alcalde, Fran Cajoto; ao concelleiro de Relacións Institucionais, Comunicación e Coordinación de Axenda 2030, Carlos García; os presidentes do CB Celtas de Foz e do CD Foz, Carmen Alonso e Asier Burundarena; e á dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo un balance do verán, que está a piques de rematar, e que foi moi positivo para Foz, segundo subliñaron os participantes, analizou os proxectos para os vindeiros meses e pulsou o deporte local.
Convida a retomar unha vida activa tras o verán facilitando a inscrición con matrícula gratuíta e, para os máis indecisos unha proba de 3 días gratis para coñecer o centro deportivo e os seus servizos.



