BURELA .- Burela acolle os días 15 e 16 de maio a Festa da Marosa “Goza co saber dos povos” que nesta edición achegase a praza da Mariña. Serán dúas xornadas cheas de actos e actividades nas que se mestura a música, o teatro, o audiovisual e a gastronomía. O programa presentouse sábado e o acto asistiu o delegado da área de Cultura de Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, a primeira tenente de alcalde de Burela, Neves Cando, e organizadores do evento.
Nota de Prensa
ANTONIO VEIGA PARTICIPA NA PRESENTACIÓN DA XII+I EDICIÓN DA FESTA DA MAROSA EN BURELA
A Mariña converterase, os días 15 e 16 de maio, na capital cultural da música, do teatro, do audiovisual e da gastronomía lucense
LUGO, 2 de maio de 2009. O delegado da Área de Cultura de Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, participou este sábado na presentación da XII+I edición da Festa da Marosa “Goza co saber dos povos” que terá lugar os días 15 e 16 de maio en Burela. A praia da Marosa, a praza da Mariña e a Casa da Cultura son os espazos escollidos pola asociación organizadora, a Sociedade Cultural, Deportiva e Recreativa “Palestina”, para desenvolver a totalidade das actividades do festexo. Na presentación da festa, tamén estiveron presentes ademais de varios dos integrantes da agrupación organizadora, como son Tontxo Trelles, Paloma López, Enma Pardo, Chema Teijeira ou Manolo Maseda, a concelleira de de Cultura de Burela, Neves Cando.
Na súa intervención, Antonio Veiga salientou os esforzos realizados “ano a ano” polos organizadores dun festival que “segue a medrar e a dinamizar a vida cultural non só da vila senón de toda a comarca da Mariña”, achegando a música a todos os veciños e veciñas sen ningún tipo de distinción, asegurou. Nesta liña, o delegado da Área de Cultura da Deputación asegurou que a música, o teatro, o audiovisual e a propia gastronomía da zona definen á súa xente. Así, este tipo de iniciativas contribúen notablemente a “incrementar o turismo na comarca” e a “espallar as nosas costumes e tradicións por todo o país”, comentou o nacionalista. Con todo, Veiga engadiu que este festexo naceu nuns “momentos difíciles” pero que logo de 13 anos conseguiu “consolidarse coma un evento de gran interese que defende a nosa linga e a nosa cultura”. Por iso, a Área de Cultura da Deputación “apoia” e “aposta” pola posta en marcha deste tipo de iniciativas en todas e cada unha das comarcas lucenses, salientou o nacionalista.
As consellerías de Cultura e Turismo do Concello de Burela e as áreas de Cultura e Xuventude, dependentes da Vicepresidencia Primeira e Terceira, respectivamente, colaboran na posta en marcha nun festival de referencia no país e que converte á Mariña e aos seus arredores na capital cultural da música, do teatro, do audiovisual e da gastronomía lucense.
Dous días ateigados de actividades
O obradoiro audiovisual “Canta Claro” abre o programa de actividades do festexo na praza de Abastos o venres 15 ás 18:00 horas. Máis tarde, ás 20:00 horas, a praia da Marosa acollerá a estrea da composición musical “Marcha da Marosa”, composta por Edelmiro Fernández, dentro da sección denominada “Música ao por do sol”. Ás 21:30 horas, o teatro será o protagonista por excelencia. A Casa da Cultura acollerá a estrea da peza “Obra: No Coment” de Excéntricas Producións. Xa por último, ás 23:00 horas dará comezo a “Foliada do Norte” na que participarán “grupos de recoñecido prestixio dentro e fóra das nosas fronteiras” como “Foula”, “Banda das Crechas” e “Tiruleque”, asegurou a organización do evento.
Ao día seguinte, o sábado 16 de maio, a troula comezará a media mañá na praza da Mariña baixo un programa de xogos para os máis novos titulado “Castelos no Aire”. Logo disto, o grupo de folk “Os Festicultores” amenizará a sesión vermú e, ás 14:30 horas, dará comezo “O Xantar de Cuadrillas”, o encontro gastronómico “cocido pataqueiro”. Xa pola tarde, ás 17:00 horas, a Casa da Cultura acollerá o obradoiro de baile “Seica-baila-lo-suelto”. Á noite, ao redor das 22:30 horas, a praza da Mariña acollerá, por segundo día consecutivo, un festival musical no que participarán “Clan Maragato”, “Luar na Lubre” e “Galegoz”.
Todas as actividades incluídas no programa da XII+I edición da Festa da Marosa son de entrada libre e gratuíta, agás o concerto musical do venres 15, no que o prezo da entrada ascende a 3 euros.























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



