BARREIROS (FNC) .- O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, mantivo esta mañá no Concello un encontro cos dous produtores ós que Leite Río non lles recolle o leite, que acudiron acompañados polo responsable do Sindicato Labrego Galego, Antonio Villarino. O rexedor contou que “me fixeron chegar as súas demandas e o seu problema. Hoxe independentemente de que no sector hai un problema grave que é o dos prezos, e que leva a que cada mes se dean perdas nas explotacións e eso crea unha serie de tensións que logo ás veces derivan en denuncias ben por agresións ben verbais ou físicas que non entro a valorar, será a xustiza a que as valore, pero nós acordamos que hai que analizar de onde veñen”.
Fuente Parga sinalou que “hai un problema no sector e neste caso a empresa Leite Río decide de xeito unilateral suspender a recollida de leite e eso na parte que lle afecta a este concello nos crea un problema engadido, un problema medio ambiental e un problema dos produtores aos que nos recollen o produto. Tendo en conta que no noso concello son dos produtores que máis leite entregan ou que son máis grandes hai que estar con eles e botarlles unha man”. O alcalde explicou que “xa onte pola tarde comunicáballe a existencia desta xuntanza ao conselleiro de Medio Rural e preguntáballe como se podía solucionar este problema debido ás limitacións que temos dentro do ámbito municipal, e hoxe eu comprometíame con eles a seguir mediando coa Consellería para buscar que algunha empresa poida facer esta recollida de leite”.
Mesa do leite
Alfonso Fuente dixo que “eu ao largo do día quedei de estar en permanente contacto con eles. Estou pendente que se me confirme si pode haber unha empresa que faga esa recollida e o que eu non me podía comprometer con eles era en canto a prezos, porque eso debe debaterse mañá na mesa do leite, onde se fala de todos os problemas que está a sufrir o sector”. O alcalde considera que “sería bó que para sentarse nunha mesa do leite este tema estivese resolto, é dicir que a recollida estea garantida e que ningún produtor teña que tirar o seu leite ou deixar o seu produto na casa. Con toda a cautela, insisto desde a autonomía municipal que temos, eu estou ao lado dos produtores para tentar solucionar este problema”.
O rexedor lembrou que “onte eu xa facía unha chamada a unha empresa e hoxe pola mañá se chamou a outra para tentar solucionar que se lles recolla o produto que é o principal problema que teñen tal e como eles mesmos me trasladaban. Din que sin en dous días esto non se arranxa terán que tomar algunha decisión con respecto ás súas explotacións e esto para nós no noso concello é grave, é grave que dous productores teñan que cesar coa súa actividade porque non se lles recolle o seu producto”. Alfonso Fuente cre que “tamén, e así o falábamos, que coas limitacións que pode ter a comunidade autónoma que evidentemente non son empresa, pero sí deben tutelar as relacións entre os productores e as empresas, e creo que nesa liña estamos. Eu o sábado falei co conselleiro, falamos con Leite Río e xa estábamos traballando nesa liña”.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



