NOTA DE PRENSA
O PARTIDO POPULAR INSTA A BESTEIRO A APLICAR COS DEMAIS O RESPETO INSTITUCIONAL QUE EL DEMANDA
* Os populares critican que non comunicara nin invitara ó alcalde de Palas de Rei a participar na recente visita que realizou a este municipio
Lugo, a 23 de maio de 2009.- O Partido Popular cuestiónase que tipo de respeto institucional practica o Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, cando sae de ruta turística pola provincia para comprobar as actuacións que se están a executar con fodos da administración provincial.
Os populares acusan a Gómez Besteiro de facer uso dun raseiro distinto segundo lle conveña. Así, segundo lembran dende o Partido Popular, laiose e calificou de falta de respeto institucional que, segundo el, non fora convidado en tempo e forma, como máximo responsable da Deputación, ó acto de presentación da delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo Raquel Arias. Fixo esa crítica pese a que si que foi convidado, vía telefónica, a ese acto, recibindo explicacións ademais por ese feito dada a premura co que fora convocada esa presentación.
Dixo daquela José Ramón Gómez Besteiro, facendo gala do seu coñecemento sobre protocolo, que as invitacións entre institucións deben facerse por escrito e con antelación. Para os populares é unha lástima que, cando a institución que el preside ten que poñer en práctica o bo facer protocolario, faga precisamente todo o contrario e, o máis grave, antepoñendo o interese partidista ó institucional.
Unha situación que, segundo salientan os populares, tivo lugar durante a reciente visita que realizou ó concello de Palas de Rei para supervisar obras incluidas no Plan de Cooperación coas comunidades veciñais á que non foi convidado o alcalde, máximo representante dos veciños do municipio. Una situación que xa se ten dado, recalcan, noutros concellos.
Recoméndalle por tal motivo dende o Partido Popular ó Presidente da Deputación a conveniencia de practicar o seu predicamento co exemplo, ó tempo que lle lembran que as obras que se están a desenvolver nese concello ou noutros da provincia non están sufragadas polo Partido Socialista senón pola administración provincial. Por elo, os populares ínstano a reflexionar e, sobre todo, a rectificar a súa actitude.





















A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



