Os populares poñen a Xove como un gran exemplo de como unha industria pode transformar unha comarca, facer que medre economicamente, dar oportunidades ás familias para iniciar un proxecto de vida, “a pesar de que hai formacións políticas empeñadas en poñer paus nas rodas ao avance industrial da provincia”
Lugo, 17 de marzo de 2026. Os deputados do Grupo Provincial Popular continuaron coa súa folla de ruta e seguen a descentralizar as reunións de traballo, nesta ocasión desprazáronse ata Xove, onde mantiveron varias xuntanzas con entidades sociais e o tecido empresarial.
Os deputados populares tamén visitaron unha iniciativa empresarial da comarca, para coñecer de primeira man o seu funcionamento se manter contacto directo cos proxecto que xeran actividade económica e oportunidades no territorio.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, explicou que estas visitas forman parte da estratexia de sacar o traballo da capitalidade da provincia e achegarse así a todo o territorio. “Seguimos percorrendo a provincia e descentralizando as nosas xuntanzas porque Lugo ten moitas potencialidades que merecen ser destacadas; queremos poñer en valor todos os nosos recursos e iniciativas que contribúen ao desenvolvemento económico e social da provincia”, destacou.
Ameijide subliñou que para o Partido Popular é fundamental coñecer de primeira man os proxectos que se están a impulsar nos distintos concellos. “Hai moitas persoas e entidades traballando para dinamizar o territorio e xerar oportunidades e cremos que é moi importante escoitar, apoiar e dar visibilidade a esas iniciativas”, sinalou.
Pola súa banda, Demetrio Salgueiro, alcalde de Xove e deputado provincial, destacou especialmente o papel das iniciativas sociais que se están a impulsar no municipio, destacando que “son proxectos moi importantes para a comarca porque contribúen a mellora servizos, a atender necesidades da veciñanza e tamén a fixar poboación no territorio”, explicou.
Salgueiro sinalou que “A Mariña ten moito potencial e é fundamental apoiar tanto os proxectos sociais como as iniciativas empresariais que apostan por desenvolver a súa actividade aquí”.
Con estas visitas, os deputados do Grupo Provincial Popular reafirmaron o seu compromiso de seguir traballando por un modelo de provincia que impulse oportunidades en todo o territorio.
“Lugo é unha provincia chea de oportunidade e dende o Grupo Provincial Popular imos seguir sendo o altavoz de todo o bo que se fai aquí, dende A Montaña ata A Mariña”, concluíu Ameijide.






















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



