NOTA DE PRENSA
O PARTIDO POPULAR ASEGURA QUE A DEPUTACIÓN “IGNORA” Ó CONCELLO DE OUROL NO TOCANTE Ó POLÍGONO INDUSTRIAL
* O Alcalde de Ourol, Marcial Sanjurjo, pídelle a Besteiro colaboración institucional para que se subsanen canto antes as deficiencias existentes
* González Barcia considera que a Deputación está incumplindo cos cidadáns deste municipio
Ourol, a 15 de maio de 2009.- O Partido Popular manifestou hoxe nunha rolda de prensa conxunta do alcalde de Ourol, Marcial Sanjurjo Fernández, e o voceiro adxunto dos populares na Deputación, José María González Barcia, que o Presidente do ente provincial, José Ramón Gómez Besteiro, está “ignorando” ó Concello de Ourol.
Marcial Sanjurjo indicou neste senso que o pasado 6 de novembro solicitoulle formalmente, e con carácter de urxencia, unha entrevista ó Presidente da Deputación para abordar cuestións de “gran relevancia” para os seu municipio como é o caso do polígono empresarial, pero que, ata o día hoxe, non tivo ningunha resposta á súa demanda.
O rexidor de Ourol tamén salientou que o pasado 31 de outubro aprobouse definitivamente o proxecto de reparcelación do polígono, que tiña un prazo de execución de catro meses. Pero a día de hoxe, sete meses despois, as obras están sen rematar, de xeito que o concello non posúe os servicios e non pode dar permisos de enganche.
Por elo, Marcial Sanjurjo demanda da Deputación maior colaboración institucional para desenvolver de forma axeitada o proxecto da área industrial de Ourol. Neste contexto considera “vital” a mellora do acceso ó parque empresarial de Ourol (estrada CP-3809 Merille-Bravos), dado que, de non levarse a cabo a mencionada actuación, á área industrial non cumplirá a función para a que foi proxectada.
Por outro lado, a situación actual das parcelas do polígono, segundo recalcou, non é a mais axeitada para facilitar a rápida incorporación de empresas, posto que suporía ter que acometer un voluminoso movemento de terras que conlevaría un incremento considerable do custo final para os empresarios.
Asimesmo, o Alcalde de Ourol, considera que a Deputación, como titular desta estrada, e SUPLUSA, como xerente do polígono industrial, e posto que o Presidente da Deputación é ó mesmo tempo presidente da Sociedade Urbanística Provincial, deben impulsar conxuntamente o polígono industrial. Un proxecto que, segudo salienta, é de enorme importancia para un concello como Ourol, con poucos recursos económicos, e que precisa dinamizarse económica e socialmente. O rexidor pon por diante a “total colaboración” do concello para acadar este obxectivo.
Pola súa banda, González Barcia insistiu en suliñar o mal estado no que se atopan os accesos deste parque, a CP-3809 de Merille a Bravos, da que, segundo lembrou, xa en 2007 se fixo un estudio de mellora do que nada se sabe ata o momento.
Constatou asimesmo o voceiro adxunto popular na Deputación a inexistencia de sinalización do polígono empresarial. Por todo elo, Barcia considera que a Deputación non está a cumplir cos cidadáns de Ourol, razón pola que apremiu á Deputación a subsanar canto antes as deficiencias existentes, ó tempo que adiantou que o Grupo provincial do Partido Popular interesarase por este tema na próxima reunión de SUPLUSA, así como no Pleno da Deputación.


















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



