NOTA DE PRENSA
O GMPP de Burela denuncia discriminación en materia deportiva.
Os populares aseguran que a Asociación Escolas do Deporte foi marxinada no horario das instalacións.
Piden que se trate a todos os colectivos por igual.
O GMPP de Burela denunciou hoxe que o concello marxinou á Asociación Escolas do Deporte durante o presente curso escolar 2008-2009 xa que non puideron contar con horas para a práctica deportiva. O PP afirma que as horas que se ofertaban eran totalmente contraproducentes para os rapaces.
Os populares aseguran que no curso anterior, 2007-2008, esta asociación contaba con 132 nenos e nenas inscritos; alguns, durante o presente curso, optaron por deixar a actividade deportiva, e outros inscribíronse nas escolas deportivas de Cervo ou Foz.
Segundo os populares, esto foi o que aconteceu con rapaces e rapazas que practican patinaxe artística; no nosso concello teñen patinaxe, pero non artística, polo que se teñen que desprazar fora de Burela para practicar tal deporte.
Asimismo, o GMPP afirmou que os equipos de Foz que participaron recentemente nun campeonato galego de bádminton, tanto en categoría feminina coma en masculina, estaban formados maioritariamente por rapaces e rapazas de Burela. E ainda que hai bádminton en Burela, será por algo polo que se desprazan a Foz.
Toda esta situación levou os rapaces e rapazas afectados a facer unha recollida de firmas, nun total de 155, que foron entregadas no Concello por rexistro de entrada o pasado once do presente mes, sen que hasta a data o concello mantivese ningún contacto coa Asociación para tentar buscar alternativas.
Os populares consideran que esta situación é preocupante, porque a obriga do concello é a de artellar solucións para que todo o mundo, entidades privadas e públicas, poidan practicar deporte, sobre de todo aquelas que atenden a nenos e nenas, evitando en todo momento que estes teñan que sair do concello para practicar o seu deporte preferido. Nieves Cando viranos agora decindo que as escolas deportivas municipais son as mellores e mais baratas, pero os certo é que hai nenos e nenas que teñen que saír de Burela se queren practicar o seu deporte favorito, algo que nunca aconteceu desde que Burela é concello.


















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



