BURELA (FNC) .- Burela aparece como noticia destacada na edición do mes de maio da revista Navegar na sección denominada Aula del mar. O delegado de Industria, Comercio e Turismo, José González Legazpi, di que “se fai referencia ao noso concello de forma extensa e precisa”.
O edil nacionalista sinala que “como consecuencia das xestións feitas dende as Delegacións de Turismo e Cultura do Concello de Burela así como da remisión dos soportes necesarios ven de publicarse unha ampla información distribuida en catro páxinas na destacada revista Navegar vencellada primordialmente á nosa historia, á cultura e ao turismo, destacando significativamente o barco museo Reina do Carme que determina o titular da sección Aula del Mar da señalada revista”.
José González Legazpi engade que “logo de estar presentes en Bélxica con gran aceptación segundo se nos manifesta por parte dos responsables do CEIP Vista Alegre desprazados naquela cidade por cuestións formativas e tamén como embaixadores do noso concello, Burela resulta agora referente informativo na prestixiosa revista Navegar. Toda a divulgación posible de ámbito turístico, cultural e gastronómico do noso concello posibilitará maiores condicións de recoñecemento de Burela como destino turístico e cultural favorecendo por tanto o noso desenvolvemento socioeconómico”.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



