CERVO .-O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, reuniuse coa presidenta de Augas de Galicia, Ethel Vázquez e “logrou o desbloqueo dos proxectos pendentes de executar” e “arrincou o compromiso da presidenta de manter un diálogo fluído” co Concello de Cervo.
NOTA DE PRENSA
O Alcalde mantivo unha reunión en Santiago de Compostela coa Presidenta do Ente Público autonómico, Ethel Vázquez, quen asegurou ser consciente da falta de compromiso do anterior goberno da Xunta de Galicia co municipio
VILLARES LOGRA O DESBLOQUEO DOS PROXECTOS PENDENTES DE EXECUTAR EN CERVO POR PARTE DE AUGAS DE GALICIA
• A representante da Xunta acordou manter un diálogo fluído co Concello de Cervo en orde a concretar prazos para a execución das obras e licitación de varias actuacións, entre as que se atopa o novo saneamento da capital municipal, que debera terse licitado en maio.
• Tamén trasladou á Presidenta de Aguas de Galicia a necesidade de ampliar o emisario de augas residuais previsto no proxecto de saneamento integral de San Ciprián e a necesidade de acometer melloras nas redes de abastecemento de auga.
Cervo, 03 de xuño de 2009.- O Alcalde de Cervo, Alfonso Villares, mantivo unha xuntanza coa Presidenta do Ente Público Autonómico Augas de Galicia, Ethel Vázquez, na sede que este organismo ten en Santiago de Compostela. Nela o rexedor municipal logrou o desbloqueo dos proxectos pendentes de executar por este organismo no termo municipal de Cervo e, de xeito especial, arrincou o compromiso da Presidenta de manter un diálogo fluído co Concello de Cervo en orde a concretar os prazos das obras e da licitación de varias actuacións de grande interese municipal.
Unha das cuestións tratadas ten relación coa nova rede de saneamento prevista para a capital municipal, habida conta do estado de obsolescencia e das deficiencias que presenta a actual. “Durante estes últimos catro anos, estivemos reclamando á Xunta estas obras, pero non foron atendidas as nosas peticións. Incluso chegaron a incumprir o prazo que nos deron para levar a diante a licitación desta obra, prevista para o pasado mes de maio”
Alfonso Villares tamén explicou a importancia de proxectar unha nova ubicación no punto de vertido do emisario submarino da nova rede de saneamento integral de San Ciprián, dándolle conta da problemática xurdida pola coincidencia deste punto coa zona de captación de auga das piscifactorias. A Presidenta adiantou que técnicos de Augas de Galicia xa están a traballar nunha solución para este asunto.
ABASTECEMENTO DE AUGA
Finalmente, o rexedor municipal adiantou a importancia de acometer unha serie de melloras no abastecemento de auga potable de diversos puntos do concello. “A nosa aposta e traballar conxuntamente para mellorar o servizo a moitos dos veciños do núcleo do concello. En especial pedimos colaboración para a substitución da rede de fibrocemento por outra dun material moito máis moderno e lonxevo, tendo en conta que polo de agora as avarías son habituais nalgúns puntos ben localizados, como consecuencia do mal estado dalgún dos tramos que pretendemos reformar”.
Alfonso Villares agradeceu a boa recepción das súas propostas e adiantou que nas vindeiras semanas poderemos concretar máis aspectos dos asuntos tratados na reunión de hoxe. “Esta claro que cambiaron as tornas e por fin será posible contar coa colaboración deste organismo que servirá de pulo a proxectos de grande importancia para os nosos veciños e municipio”
CONSCIENTE DA FALTA DE COMPROMISO DA ANTERIOR XUNTA
Na conversa mantida co Alcalde Ethel Vázquez, asegurou ser consciente da falta de compromiso do anterior Goberno da Xunta de Galicia co Concello de Cervo. A devandita relación caracterizouse ata a chegada dos novos sectores polo incumprimento sistemático de cada un dos proxectos acordados e, polo atraso no inicio das obras de saneamento e abastecemento de auga. “Esta claro que na mente dos responsables do anterior Executivo autonómico estaba boicotear calquera actuación que se puidera levar a cabo en Cervo, con independencia do interese que puidera ter para os veciños”-explicou Villares.
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



