O Concello de Ribadeo contrata a tres capataces de motobomba. Será pola modalidade de obra ou servizo determinado por un prazo de 3,5 meses. Entre os requisitos que se esixen figuran o certificado de estudios primarios, graduado escolar ou equivalente e o permiso de conducir da clase C.Valoraranse os servizos prestados no Concello de Ribadeo, noutras administracións públicas, en empresas privadas deste concello e de fora deste termo municipal en postos de traballo de contido análogo ou categoría semellante. Os interesados deben presentar toda a documentación antes das 14 horas do vindeiro 9 de xuño no rexistro de entrada do Concello. A proba e selección de persoal será o 10 de xuño ás 18:00 horas na Casa do Concello.
Ribadeo contrata tres capataces de motobomba
Ribadeo contrata tres capataces de motobomba
Relacionado
-
O deputado de Rural e Mocidade achegouse este sábado a feira do libro de Ribadeo “Letras no campo” que conta coa participación do Servizo de Publicacións da Vicepresidencia da Deputación de Lugo
-
O Castro de Viladonga (Castro de Rei), dependente da Xunta, foi este venres escenario do nomeamento de Abraham Cupeiro como socio de honra da agrupación lucense de recreación histórica ‘Vindicta’
-
Presentación en Vilalba de “Comida para gatos e outras delicatessen indixestas”, de Luz Darriba