Burela,10 de setembro, 2025. O BNG responde ás críticas formuladas polo Partido Popular en materia de política social
“En primeiro lugar, os datos de gasto social por habitante aos que fai referencia o PP corresponden ao ano 2023, en concreto á diferencia entre os anos 22 e 23, xusto á chegada do BNG ó goberno local. Cómpre lembrar que os dous concellos da Mariña que se sitúan por debaixo de Burela nese ranking son precisamente gobernados polo Partido Popular: Cervo e Ribadeo”.
Ademais, Sandra Fernández Cillero, concelleira de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Burela recorda que “o 1 de febreiro de 2024, en pleno período de campaña electoral autonómica, o portavoz do PP de Burela anunciou no salón de plenos que a Xunta de Galicia incrementaría nun 15% a achega para o Servizo de Axuda no Fogar, pasando de 12 a 14 euros por hora. A día de hoxe seguimos agardando esa suba, que sería positiva pero insuficiente para cubrir as necesidades reais das familias usuarias e para mellorar as condicións das traballadoras do SAF”.
Cómpre remarcar ademais que o Servizo de Axuda no Fogar é de competencia autonómica, pero a Xunta decidiu desprenderse desa responsabilidade e trasladala aos concellos. Para Fernández “isto supón que os concellos teñen que facer fronte a graves dificultades tanto na contratación do persoal como no financiamento do custo real do servizo, que está moi por riba da achega que realiza a Xunta”.
Ademais, o Concello de Burela realiza un importante esforzo económico asumindo servizos
impropios, que deberían estar financiados e xestionados pola Xunta. Engade a concelleira do BNG Sandra Fernández que “é o caso da Unidade de Atención Temperá, pioneira na Mariña, que dá cobertura a oito concellos da comarca, ou da Unidade de Drogodependencias, que tamén presta servizo a nivel comarcal. Estes dous exemplos amosan con claridade o compromiso real deste Concello co benestar das persoas, mesmo asumindo competencias que non lle corresponden”.
Por todo isto, “rexeitamos unhas declaracións que só buscan crear confusión e restar valor ao traballo que se fai desde o ámbito municipal”. Remata Sandra Fernández dicindo que “o BNG de Burela seguirá a apostar polos servizos sociais, pola igualdade e polo apoio ás familias, malia que a Xunta de Galicia continúa sen asumir as súas responsabilidades neste eido”.
Os nacionalistas pídenlle respecto ós populares co tecido asociativo e a veciñanza
O grupo municipal do BNG está moi sorprendido coas declaracións e a actitude dos populares de Burela nas últimas datas. “Non se entende como se pode tentar desprestixiar así á nosa vila e a un colectivo que traballa de forma desinteresada dende fai moitos anos por achegarnos un fin de semana único, un festival que é do mellor de Galiza sobre todo en canto a respecto, bo ambiente e inclusión. A veciñanza de Burela non sufriu absolutamente ningún trastorno senón que está encantada co Osa do Mar e con Fanto Fantini porque nos representan a todxs e porque colaboran moito con todo o tecido asociativo.” destacou o voceiro Mario Pillado.
Continuou Pillado decindo que “para nós sería un pracer poder traballar da man do Partido Popular para algunhas das nosas demandas, como que a Xunta asuma as súas competencias en canto a Servizo de Axuda no Fogar, a Unidade Asistencial de Drogodependencias ou a Unidade de Atención Temperá e que o faga cun convenio co goberno central para rehabilitar a antiga “Casa do Mar” para crear un gran centro de servizos sociais en Burela. Pero supoño que se en Febreiro de 2024 cando poideron votar a favor dunha iniciativa nosa que recollía todo isto o fixeron en contra xa se estaban posicionando, non contra o BNG de Burela senón contra Burela en xeral, como fan habitualmente; unha mágoa”























A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



