RIBADEO .- Pasadas as seis desta mañá apareceu unha barricada de neumáticos ardendo na autovía do Cantábrico ao seu paso polo municipio de Ribadeo, concretamente na Ponte dos Santos. O tráfico en ambos os sentidos estivo cortado durante unha hora e desviouse a circulación por Vegadeo, a través das estradas nacionais 640 e 642. A Garda Civil está intentado pescudar quen foron os autores dos feitos, aínda que se sospeita que puido tratarse dun acto de protesta de traballadores dunha empresa metalúrgica asturiana.
Unha barricada de neumáticos ardendo na Ponte dos Santos cortou a circulación pola A8 en Ribadeo
Unha barricada de neumáticos ardendo na Ponte dos Santos cortou a circulación pola A8 en Ribadeo
Relacionado
-
A FCAM convoca ao empresariado da Mariña a unha asemblea xeral este luns en Foz
-
DÍA 11: Persoal do Hospital da Mariña e doentes mobilízanse para reclamar unha sanidade pública de calidade e proximidade
-
O BNG de Ribadeo advirte que “as obras do Hospital Asilo deberían estar rematadas e aínda queda un 30 % por facer”