RIBADEO (FNC) .- O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, explicaba esta mañá que dende o Concello se pide a colaboración veciñal para depositar o lixo a partires das 21:00 horas xa que nestes meses de calor o lixo acumulado durante o día vai fermentando e provoca malos olores nas rúas do municipio. Cupeiro tamén insiste na necesidade de reciclar para baixar as cifras de indebidos que aparecen todos os días nos contenedores. O edil nacionalista pediu “aos veraneantes residentes en Ribadeo e aos nosos veciños que teñan a deferencia de levar a cabo as recomendacións que fai o Concello en canto a depositar o lixo a partires das 21:00, seleccionalo e recoller as defecacións das súas mascotas”.
Ademais Horacio Cupeiro engadiu que “tamén lles quero pedir, a poder ser, que fagan un bó uso das zonas de praia e litoral desde o punto de vista da sostibilidade porque se nós non somos capaces de manter limpo este tipo de espazos, dende logo, de cara aos visitantes, deixaremos unha mala imaxe”.