O VALADOURO .- A OMIX do Concello do Valadouro organizou un obradoiro de xogos infantís, no mes de xullo, para nenos e nenas de 6 a 12 anos, en sesións de dúas horas, os martes e xoves de 16 a 18 da tarde, na Casa da Cultura Manuel Lourenzo. A iniciativa “trata de favorecer a conciliación familiar e laboral nos períodos estivais e planificar actividades educativas e de ocio e tempo libre, que contribúan ao desenvolvemento da personalidade e fomento de hábitos sociais e culturais ademais de a estimulación creativa e a diversión dos nenos”, aseguran os promotores.
A OMIX de O Valadouro organizou un obradoiro de xogos infantís
A OMIX de O Valadouro organizou un obradoiro de xogos infantís
Relacionado
-
Concello e Centro de Saúde de Burela organizan paseos saudables abertos a partir do xoves 2 de maio
-
A Xunta recibe 11 ofertas paraexecutar as obras da 1ª fase de mellora da capacidade e da seguridade da estrada LU-540 entre Viveiro e Cabreiros
-
O Concello de Alfoz amosa preocupación polo lixo acumulado nas cunetas