VIVEIRO .- A cidade de Viveiro vive unha fin de semana influenciada polo mercado renacentista que se celebra no casco histórico por segundo ano consecutivo. As rúas principais atopase engalanadas e en parte delas hai variados postos de venta de artesanía, todo no medio dun ambiente festivo que pretende retrotraer ao visítante. Os actos comezaron o venres pola tarde, pouco antes da representación do desembarco de Carlos V na praia de Covas desde onde se desprazou a Viveiro. Para sábado, a partir das dez da noite estaba previsto que se celebrase unha cea renacentista no Claustro de San Francisco.
O casco histórico de Viveiro vive unha fin de semana renacentista

O casco histórico de Viveiro vive unha fin de semana renacentista
Relacionado
-
“O servizo de bombeiros é xestionado polo Consorcio, non pola Deputación”, lembran desde o goberno provincial
-
Os socialistas de Xove alertan do “estancamento do municipio tras décadas de goberno do PP”
-
‘Saberes do Monte’ trae ao norte da provincia de Lugo unha fin de semana para saborear e conservar o territorio