LUGO .- A vela, o surf, o volei praia e o fútbol praia serán protagonistas nas tardes de verán na comarca da Mariña da man do Club Náutico Burela, o Club Voleibol Emevé, o Club Fútbol Sala Pescados Rubén dentro do programa “Lánzate ao Verán” da área de Deportes da Deputación. O responsable desta delegación, o nacionalista Antonio Veiga, presentou o programaque se desnrolará en colaboración con diversas entidades deportivas da Mariña, Lugo e Monforte de Lemos
As actividades de volei e fútbol praia desenvolveranse nos concellos de Cervo (San Cibrao) e en Barreiros. O resto, na localidade de Burela.
Nota de Prensa
PRESENTADO O PROGRAMA DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS PARA O PERÍODO ESTIVAL “LÁNZATE AO VERÁN”
Por segundo ano consecutivo, as comarcas da Mariña, Lugo e Monforte de Lemos acollerán un amplo abano de actividades deportivas durante a segunda quincena de xullo e a primeira de agosto
LUGO, 14 de xullo de 2009. O delegado a Área de Deportes da Deputación, Antonio Veiga, presentou este mércores o programa de actividades para o tempo de lecer “Lánzate ao Verán” que organiza esta institución en colaboración con diversas entidades deportivas da Mariña, Lugo e Monforte de Lemos e que se desenvolverán durante a segunda quincena do mes de xullo e a primeira de agosto. O nacionalista salientou que este é o segundo ano que área que el dirixe pon en marcha un proxecto destas características. Na súa primeira edición, no verán de 2008, participaron, de xeito totalmente gratuíto, uns 5.000 mozos e mozas pertencentes ás tres comarcas nas que se desenvolve esta iniciativa en prol da práctica do deporte entre o sector máis novo da poboación lucense.
A vela, o surf, o volei praia e o fútbol praia serán protagonistas nas tardes de verán na comarca da Mariña da man do Club Náutico Burela, o Club Voleibol Emevé, o Club Fútbol Sala Pescados Rubén. As actividades de volei e fútbol praia desenvolveranse nos concellos de Cervo (San Cibrao) e en Barreiros. O resto, na localidade de Burela. Xa na comarca de Lugo, a Escola de Piragüismo acollerá un curso de vela, de piragüismo e de triatlón baixo a supervisión do Club Náutico Burela, o Club Cidade de Lugo e a Federación Galega de Triatlón, respectivamente. Pola súa banda, o Pazo Provincia dos Deportes, será o escenario elixido para pór en marcha un curso de iniciación á loita que conta coa colaboración de varios dos membros do Club Loita de Vilalba e outro curso de rocódromo da man do Club O Veral. Esta última actividade, a diferenza do resto, desenvolverase só durante todos os sábados do mes de xullo e agosto. Por último, na comarca de Lemos, o Pavillón Municipal A Pinguela acollerá unha actividade de piragüismo e outra de volei praia organizadas polos Clubs de Piragüismo de Quixos e A Pinguela, respectivamente. O colexio Calasancio de Monforte será o espazo elixido polo Club Deportiva Calasacio para pór en marcha un curso de porteiro de fútbol que se desenvolverá entre o 3 e o 14 de agosto ao igual ca o curso de volei praia antes mencionado.
O prazo de inscrición no programa “Lánzate ao verán” continuará aberto ata o día anterior ao comezo de cada unha das actividades. Para obter máis información, os interesados poder acceder á páxina web da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo ou chamar ao 982 260 061.



















Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



