FOZ .- A asociación de veciños O Castro de Foz fai unha valoración dos problemas de tráfico durante o verán “a pesar das advertencias e peticións feitas” pola entidade veciñal que fai referencia a reunión con el mantida o 13 de abril e do escrito que presentou no Concello o 24 de xuño. Desde O Castro piden ir “suavizando o caos circulatorio que se repiten cada ano”
Nota de Prensa
O final do verán
Estamos a piques de que finalice outro verán máis. Como todas as estacións, o verán caracterízase por ser un período cíclico, que cada ano repítense as mesmas situacións, algo que en Foz é moito máis evidente que noutros lugares. Os veraneantes, os turistas, os días de sol e praia, os paseos, o ambiente nocturno, os amores de verán, as festas do Carmen e de San Lourenzo… situacións que chegan con verán e que con verán marchan. Pero, desgraciadamente, non todas as experiencias estivais cíclicas son positivas na nosa vila, como é o caso dos atascos, dos semáforos que non funcionan, dos aparcamentos inadecuados… o caos circulatorio, en resume, que como cada verán se incrementa en Foz sen que pareza poñerse medida algunha por parte do Concello para remedialo.
Desde a Asociación de Veciños “O Castro” de Foz puxemos en coñecemento do Alcalde na reunión con el mantida o pasado 13 de abril as nosas preocupacións que con respecto á ordenación do tráfico e seguridade cidadá nos invadían pois o verán estaba próximo e con el a probabilidade do incremento dos problemas circulatorios e de aparcamento que caracterizan á nosa Vila. Ese día aseguróusenos que se trataría na Xunta de Seguridade que estaba próxima a realizarse e que se poñerían as medidas efectivas para atallar o problema.
O pasado 24 de xuño, xusto no principio do verán, esta Asociación presentou un escrito no Concello advertindo do perigo de certos cruces de rúas no casco urbano de Foz, fundamentalmente debida á falta de visibilidade polo aparcamento incorrecto dos vehículos. A título de exemplo nese escrito indicouse unha serie de cruces que esta Asociación tiña constatado como os máis problemáticos pois os estacionamentos facían que para incorporarse dunha vía a outra os vehículos debían entrar demasiado na vía á que pretendían acceder co conseguinte risco de choque e incluso atropelo de peóns. Solicitábase nese escrito o cumprimento estricto da normativa de tráfico, debendo recorrer ás sancións de ser necesario, así como o establecemento de franxas de prohibición de estacionar que respectasen as distancias establecidas legalmente.
Nin das advertencias feitas na citada reunión nin da solicitude realizada por escrito, e debidamente rexistrada, non se recibiu resposta algunha: nin por escrito do Concello nin polos seus feitos, pois durante todo o verán padecemos os mesmos problemas que cada ano se presentan. A Asociación de Veciños “O Castro” non ten constancia de si se produciron colisións, pero si fomos testemuñas, e incluso protagonistas, de situacións de auténtico perigo nos cruces, así como puidemos constatar como durante todo o verán os vehículos estacionaron do modo que ós seus propietarios lles apeteceu (sobre pasos de peóns, en vados permanentes, sobre as beirarrúas, nas proximidades dos cruces…) sen que se fixese nada por evitalo.
Unha vez máis, desde a Asociación solicitamos que se atalle esta situación do mellor xeito posible. Unha vez máis dicímoslle ó Álcalde e á corporación que non pedimos máis medios, pois sabemos que é difícil conseguilos tendo en conta a situación económica en que nos encontramos, pero si pedimos a optimización dos recursos existentes, xa que se estes se utilizan segundo criterios de calidade e productividade, a súa efectividade aumentará e pouco a pouco iremos suavizando o caos circulatorio que se repiten cada ano.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



