BARREIROS / FOZ .- Barreiros gañou a terceira edición de tiro de corda, ría por medio, nunha dura competición con Foz que se celebrou o domingo pola tarde coincidindo case coa preamar. Nas edicións anteriores gañara nunha ocasión Barreiros e noutra Foz. Numerosos veciños de ambos concellos participaron na actividade que “a pesares de ser unha competición e que todo o mundo quere gañar, penso que esa corda nos une máis que nos separa, é dicir, une a dous concellos que realizan unha actividade como unha atracción máis dentro do amplo programa cultural que se realiza no verán da costa de Lugo”, asegurou o alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga.
Barreiros gañou a Foz a terceira edición do tira da corda
Barreiros gañou a Foz a terceira edición do tira da corda
Relacionado
-
O BNG consigue a unanimidade do pleno de Lourenzá para a mellora da seguridade na estrada provincial LU P 2801
-
Castiñeira: “Cajoto debe reclamarlle a Sánchez a vivenda pública que prometeu en solares da Sareb como o de Vialmar en Foz”
-
Aprobada por unanimidade a regularización das taxas da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo