O Colectivo Cultural Buril organiza o mércores, 26 de agosto, ás oito da tarde o I Encontro Literario de Burela, que reunirá a afección á creación poética, sen ser escritor profesional. O acto será no primeiro andar da Biblioteca Pública Municipal e contará con Otilia Quiroga, Dolores Vispo, Genucha García entre outras persoas, que recitarán composicións propias ou recollidas por eles. Destacar a recuperación por Genucha García do poema El Eco de Sargadelos, de autor descoñecido, que sabe de memoria desde que na súa infancia llo aprendese o seu avó Vicente.
Buril organiza o I Encontro Literario de Burela
Buril organiza o I Encontro Literario de Burela
Relacionado
-
O grupo dos maiores de Cervo Concilia fixo este mércores unha saída á praia para recoller tesouros naturais: cunchas, area, pedras e outros materiais especiais
-
O alumnado de 6º curso de Educación Primaria do Colexio Sagrado Corazón, de Ribadeo, celebrou cun evento o seu paso á ESO
-
I Campus de Verán de Waterpolo en Cervo