NOTA DE PRENSA
A través dunha iniciativa do portavoz de Mar do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, que solicita tamén que o Goberno central poña en marcha un plan de inspección e mostreo e intensifique o control das importacións deste peixe foráneo
O PPdeG INSTA Á XUNTA A PROMOVER O CONSUMO DE PRODUTOS PROCEDENTES DA ACTIVIDADE PESQUEIRA GALEGA E A INCORPORALOS NOS MENÚS DOS CENTROS PÚBLICOS EN SUBSTITUCIÓN DO PEIXE PANGA DO SUDOESTE ASIÁTICO
* O deputado salienta que o anterior Goberno galego amosou “unha actitude irresponsable” ao non favorecer a introdución de peixe capturado pola flota galega nos comedores escolares, hospitais ou residencias, nos que se xeralizou nos últimos anos o consumo de panga procedente do sudoeste asiático, que non ofrecen as mesmas garantías hixiénico-sanitarias.
Santiago, 26 de agosto de 2009.- O Partido Popular de Galicia insta á Xunta, a través dunha Proposición non de Lei rexistrada no Parlamento, a promover o consumo de produtos procedentes da actividade pesqueira galega e a incorporalos nos menús dos centros públicos dependentes da Administración autonómica, como escolas, residencias, centros de día ou hospitais, en substitución do peixe panga do sudoeste asiático. A iniciativa, presentada polo portavoz de Mar do Grupo Parlamentario Popular, José Manuel Balseiro, solicita tamén que o Goberno central poña en marcha un plan de inspección e mostreo e intensifique o control das importacións deste peixe foráneo.
Balseiro lembra que o peixe panga procedente do sudoeste asiático foi obxecto de múltiples incidencias no Sistema Europeo de Alerta Rápida de Alimentos e Pensos (RAFF) e que distintos laboratorios científicos teñen demostrado que ao noso mercado chegaron lotes dese produtos con presenza de axentes patóxenos.
Aínda así, o peixe panga converteuse estes últimos anos nun produto no mercado substitutivo dos filetes de pescada ou do fletán conxelado “que son capturados pola nosa moderna flota conxeladora” e que, ademais da súa gran calidade, presentan “maiores garantías hixiénico-sanitarias e nutricionais”, sen que o anterior Goberno galego impulsara iniciativa algunha ao respecto. José Manuel Balseiro apunta a un descoñecemento por parte dos consumidores, “desprezados polo bipartito, que obstaculizou o achegamento deste tipo de información”.
Así mesmo, o deputado salienta que o anterior Goberno galego amosou “unha actitude irresponsable” ao non favorecer a introdución de peixe capturado pola flota galega nos comedores escolares, hospitais ou residencias, nos que se xeralizou nos últimos anos o consumo de panga procedente do sudoeste asiático, que non ofrecen as mesmas garantías hixiénico-sanitarias. Ao tratarse dun peixe suave, tenro e sen espiñas, este peixe foráneo “resulta especialmente atractivo para elaborar os menús destas institucións, sen ter en conta os múltiples aspectos negativos do seu consumo”, sinala Balseiro, quen subliña que o noso país é un dos principais consumidores do panga do sudoeste asiático, cuxas importancións medraron en máis dun 235 por cento entre 2004 e 2007.
CONTROL DAS IMPORTACIÓNS
Así, o PPdeG pide á Xunta que promova, a través das consellerías competentes, o consumo de produtos procedentes da actividade pesqueira galega que dispoñen das máximas garantías sanitarias e nutricionais e que estes se incorporen aos menús dos centros públicos en substitución daqueles outros cuxa procedencia e garantías de control sanitario suscitan dúbidas ante a evidencia de reiteradas alertas sanitarias europeas.
Igualmente, insta ao Goberno galego a dirixirse ao Ministerio de Sanidade e Consumo, a través da Axencia Española de Seguridade Alimentaria, dos servizos de sanidade exterior e dos puntos de información fronteiriza para que poñan en marcha un plan de inspección e mostreo das importancións do peixe panga procedentes do sudoeste asiático e a pedir ao Goberno central que promova, no seo da Unión Europea, a intensificación dos programas de control das importancións desta especie e, no caso de que se reiteren os problemas de contaminación, poidan adoptarse as medidas necesarias, sen descartar a prohibición das importacións dese produto ata que se solucionen os problemas detectados en orixe.


















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



