Nota de Prensa
A proposta do PPdeG foi aprobada hoxe na Comisión parlamentaria de Economía co apoio do BNG
O PSOE REXEITA APOIAR UNHA INICIATIVA PARA REDUCIR AS TAXAS IMPOSTAS AOS PROFESIONAIS DO MAR POLA OCUPACIÓN DE TERREOS NOS PORTOS
Santiago, 11 de setembro de 2009.- O PSdeG-PSOE rexeitou hoxe apoiar no Parlamento unha iniciativa destinada a que se reduzan as taxas impostas aos profesionais do Mar pola ocupación de terreos nos portos coa instalación de casetas e outras infraestruturas empregadas para gardar aparellos e outros recursos habituais no seu traballo. A Comisión de Economía do Parlamento galego aprobou hoxe unha proposta nese sentido presentada polo Grupo Parlamentario Popular, que contou co apoio do BNG.
A proposición non de lei, presentada polo portavoz de Mar do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, pretende que se simplifique e adecúe á realidade presente o modelo fiscal nas instalacións portuarias de competencia autonómica. Non se trata só de reducir a carga impositiva, que é fixa con independencia dos ingresos, senón tamén de aforrarlles os custos asociados á maraña normativa e burocrática que conleva o seu pagamento. O obxectivo da iniciativa é contibuír a paliar a difícil situación dos homes e mulleres do mar que, sobre todo en sectores como o da baixura ou o marisqueo, están a vivir un período de especial incerteza en canto aos ingresos que xera a súa actividade.
A iniciativa preséntase como axuda aos profesionais da pesca e o marisqueo, que, en palabras de Balseiro, “están a afrontar nunha situación de maior debilidade a actual crise económica”. Unha circunstancia que, para o PP, “esixe das Administracións Públicas que traballan ao servizo de todo este amplo colectivo un esforzo suplementario e un compromiso máis forte para con cada unha destas persoas”.





















A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



