Nota de Prensa
ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE PARA AXUDAS A COMEDORES ESCOLARES XESTIONADOS POLAS ANPA´s
* O novo Goberno galego eleva un 10% o orzamento total desta axuda con respecto ao previsto polo bipartito -que as mantivo conxeladas durante os últimos catro anos-
A Mariña, 30 de setembro de 2009.- Segundo explicou a deputada popular Emma Álvarez Chao no día de hoxe xa é posible solicitar as axudas destinadas ao financiamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais de alumnos (ANPA´s) de centros públicos non universitarios dependentes da Xunta de Galicia.
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria incrementou este mesmo curso 2009/2010 as axudas destinadas a este fin. Deste xeito, a cuantía total das bolsaspasará a ser de 1.100.000 euros, un 10 por cento superior que os catro anos anteriores. As subvencións poderán sufragar ata 50% do custo do servizo de comedor do centro escolar correspondente. Ademais son perfectamente compatibles con outras axudas destinadas para este mesmo fin outorgadas por outras entidades ou institucións.
Con esta medida de apoio ao servizo esencial que constitúen os comedores escolares, a Consellería de Educación, rompe con catro anos de Goberno bipartito, nos que o importe das axudas se mantivo conxelado. Este aumento dá mostra ademais do compromiso da Xunta de Galicia e da Consellería de Educación co ensino público galego e coa cobertura das necesidades de toda a comunidade escolar, tendo previsto ademais aplicar un novo incremento no vindeiro curso.
O prazo de solicitude destas axudas é de un mes a contar desde hoxe. A orde de convocatoria destas bolsas pode consultarse no Diario Oficial de Galicia (DOGA) do día de onte, martes 29 de setembro de 2009.

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



