NOTA DE PRENSA
O primeiro edil explica que desde maio de 2008 este señor reduciu a súa participación no accionariado da empresa pero antes e despois desta data continuou facturando ao Concello de Foz, pese a existir un evidente conflito de intereses
O ALCALDE DE FOZ RECOÑECE QUE O MARIDO DE ROSA ALONSO É PROPIETARIO DA EMPRESA QUE RECIBIU PRETO DE 40 MILLÓNS DAS ANTIGAS PESETAS EN CARTOS PROCEDENTES DAS ARCAS MUNICIPAIS
• Desde o PP insisten en que a Lei de Contratos do Sector Público prohibe que as administración contraten a empresas de membros do Equipo de Goberno ou dos seus cónxuxes. Malia claridade da norma o propio Alcalde recoñece sen rubor que tanto Rosa Alonso como o seu marido son accionistas desta empresa.
• Os populares estudan pedir á Secretaría municipal todos os informes pertinentes para analizar a legalidade destas prácticas, queren coñecer quen foi o órgano que contratou con esta empresa familiar e o montante total das facturas pagadas e pendentes.
A Mariña, 10 de agosto de 2009.- O Alcalde de Foz, Jose María García Ribera vén de confirmar que o marido de Rosa Alonso concelleira do Equipo de Goberno municipal é propietario dunha empresa que, segundo os datos dos que dispón o Grupo Popular facturou preto de 40 millóns das antigas pesetas en concepto de reparacións e mantemento do alumeado público. O primeiro edil confirmou as sospeitas dos populares que sabían da vinculación entre esta empresa familiar e o Concello de Foz, pese a que a Lei de Contratos do Sector Público establece dun xeito claro no seu artigo 49.1, letra f) que as administracións públicas teñen prohibido contratar con empresas de membros do Equipo de Goberno municipal ou dos seus cónxuxes.
Nun claro intento de botar balóns fóra e eximirse da súa responsabilidade o Alcalde de Foz xustifica os feitos en que desde maio de 2008 o marido de Rosa Alonso vendeu a maioría das súas participacións como copropietario da empresa Saiju limitando a súa titularidade ata tan só 9 accións. A esto hai que engadir que, segundo explicou o Alcalde, a propia Rosa Alonso sería titular tamén dunha acción desta empresa. En consecuencia os socialistas non foron capaces de desmentir que antes e despois desa data –maio de 2009- existiran vinculacións entre esta empresa e o concello, algo prohibido taxativamente por lei e eticamente reprochable. Os populares insisten que a doutrina da Xunta Consultiva de Contratación Administrativa –órgano dependente do Ministerio de Economía que interpreta a normativa vixente- establece dun xeito taxativo que non importa que a concelleira ou o seu marido teñan “o 1% da empresa ou o 99% das accións, en todo caso está prohibido que poidan verse favorecidas polos pagos efectuados desde o Concello no que é edil Rosa Alonso”
DEBER DE ABSTENCIÓN CANDO EXISTE INTERESE PERSOAL
Desde o Partido Popular están a estudar a petición de novos informes á Secretaría municipal, órgano de control xurídico da acción do Goberno local, para determinar a adecuación a dereito de todos estes comportamentos. En todo caso tamén reclamarán coñecer con exactitude cales foron os órganos ou o órgano –Xunta de Goberno local, concelleiros,…etc.- que encargaron os traballos de mantemento e reparación do alumeado público en favor da empresa familiar de Rosa Alonso por si estes feitos tamén puideran ser irregulares. Neste senso explican que a Lei 30/1992 que regulamenta o procedemento administrativo común establece no seu artigo 28 que as autoridades e cargos públicos se absterán de intervir naqueles procedementos nos que teñan algún tipo de interese persoal ou exista algún tipo de parentesco. O PP quere coñecer se Rosa Alonso puido ter decidido ou aprobado algunha das facturas que se estaban a abonar, con cartos públicos, en beneficio da empresa da que, segundo queda probado, é copropietaria ela mesma, o seu marido e unha terceira persoa.
RECLAMAR A INFORMACIÓN PERTINENTE
Finalmente os populares negan que exista algún tipo de acoso contra ningunha persoa. “Todo o contrario os prexudicados serían as veciñas e veciños deste concello que pagan dos seus petos os impostos cos que despois puidera estarse a favorecer a determinadas empresas ou persoas” En todo caso, insisten en que esperarán a coñecer toda a documentación para realizar xuízos de valor máis contundentes ou establecer as accións xudiciais que consideren oportunas para depurar as responsabilidades nas que puideran ter incorrido estas persoas.
Explican desde o PP que o que fan é reclamar a información e a documentación pertinente para comprobar se todo está feito conforme ao establecido na lei, que non existe polo tanto favoritismo para ningunha empresa, nin beneficio persoal de ningún membro da Corporación Municipal sobre todo tendo en conta que teñen o deber de xestionar o interese público. Finalmente, para coñecer con exactitude todos estes datos o PP pedirá coñecer o montante total das facturas pagadas e pendentes a favor da empresa familiar de Rosa Alonso.




















Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



