XOVE .- O Conello de Xove organiza unhas xornadas para promocionar o tradicional deporte dos bolos entre os alumnos do instituto Illa de Sarón da localidade.Esta actividade é previa o comezo da vixésimo primeira Tirada de Bolos Concello de Xove. Os participantes nas xornadas aprenderán “os fundamentos deste xogo autóctono, e todos terán, asimesmo, a oportunidade de xogar”
NOTA DE PRENSA
XORNADAS DE PROMOCIÓN DOS BOLOS PARA OS ALUMNOS/AS DO IES ILLA DE SARÓN
Un ano máis, e antes de comezar a XXIª Tirada de Bolos Concello de Xove, o Concello de Xove, a través da súa Concellería de Cultura, xunto co IES Illa de Sarón de Xove, organizan unhas XORNADAS destinadas a promocionar o xogo dos bolos entre os alumnos/as da ESO do IES Illa de Sarón.
Estas Xornadas véñense celebrando dende hai varios anos, contándose para o mesmo, como xa dixemos, coa colaboración do IES, máis concretamente co profesor Xavi Bouza, profesor de Educación Física de Secundaria do IES.
Polas Xornadas van pasar tódolos alumnos/as do IES, e nas mesmas se lles van explicar os fundamentos deste xogo autóctono, e todos terán, asimesmo, a oportunidade de xogar.
As xornadas van ter, polo tanto, unha doble vertente, con explicacións teóricas a cargo do Técnico de Cultura Mario Eijo, e unha parte práctica a cargo dos xogadores: Modesto Albo, un xove xogador de 80 anos, Ginés Rodríguez e Arturo Rodríguez, quenes se van a encargar de explicarlles de forma práctica como se tira, como hai que coller a bola, etc.
O programa destas Xornadas, é o seguinte:
-MÉRCORES, 30 DE SETEMBRO DE 2009:
-DE 10:40 A 11:30: 21 ALUMNOS DE 3º DE ESO.
-DE 13:40 A 14:30: 15 ALUMNOS DE 1º DE ESO.
-XOVES, 1 DE OUTUBRO DE 2009:
-DE 12:00 A 12:50: 14 ALUMNOS DE 2º DE ESO.
-DE 12:50 A 13:40: 15 ALUMNOS DE 4º DE ESO.
O lugar onde se van desenvolver estas Xornadas é a BOLERA DO CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE, dado que está ubicado practicamente ao lado do IES Illa de Sarón.
O obxectivo destas Xornadas, amáis da promoción deste deporte en sí, é o de incorporar novos xogadores/as á Liga de Bolos Municipal, dado que hai uns anos tivemos un baixón no número de xogadores ao retirarse moitos dos vellos xogadores e non haber relevo; debido a isto, o Concello hai 10 anos decidiu crear unha Liga Sub 18 co fin de ir preparando xogadores/as que puideran cubrir as vacantes producidas polas citadas retiradas de vellos xogadores.
Loxicamente, por idade, o mellor sitio onde se poderían atopar novos xogadores sería o IES, dado que os alumnos/as da ESO teñan unha idade ideal para comezar neste xogo.
Dende o Concello só nos queda agradecerlle ao IES toda a colaboración prestada na organización destas Xornadas.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



