RIBADEO (FNC) .- Esta fin de semana Ribadeo acollerá a VII Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón. O sábado 26 de setembro a compañía O aturuxo de Melpómene de Narón representará a obra Comendo pimentos de padrón con Tarantino e xa o domingo, o grupo teatral Trécola presentará a obra Pinokia, dirixida a un público máis infantil. A concelleira de Cultura, Mariluz Álvarez Lastra, convida a tódolos ribadenses a acudir a estas dúas citas que se celebrarán no Cine Teatro e sinalou que a entrada será totalmente de balde.
Mariluz Álvarez explicou que “esta fin de semana dende a Concellaría de Cultura queremos convidar a tódolos nosos veciños e aos visitantes a que acudan a participar na VII Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón. Son varias as obras que se van representar pero tamén temos que dar algúns recados. En principio estaba previsto que a mostra comezase este venres coa estrea da Aula Municipal de Teatro, pero debido á indisposición, á imposibilidade de varios actores de estar neste día, este venres non vai haber representación, é dicir, a Aula Municipal de Teatro, xa fixo un preestreo en Cinxe, pero fará o seu estreo noutras datas pola imposibilidade manifesta que ten para poder facela este venres”.
A edil de Cultura destacou que “polo tanto, a VII Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón vai comezar o sábado 26 e as representacións van ser no Cine Teatro o sábado e o domingo. A entrada será totalmente de balde, totalmente gratuíta. O sábado, as persoas que o desexen poden participar ás 21:00 horas da noite cunha compañía de Narón chamada O aturuxo de Melpómene que vai representar Comendo pimentos de padrón con Tarantino, dicir que é unha comedia apta para tódolos públicos e que como ben digo dará comezo á mostra o sábado ás 21:00 horas. E o domingo, en horario totalmente diferente, ás 17:30 horas da tarde, a compañía de teatro Trécola de Ourense, que xa participou na mostra de teatro o ano pasado, vai representar Pinokia. O cambio de horario débese a que esta obra está adicada ao público infantil ou público familiar, entón de aí que a poñamos nun horario para que os máis pequenos da casa e as súas familias poidan acudir”.
Mariluz Álvarez engadiu que “convidamos a todas aquelas persoas que o desexen, que participen, non o venres que non vai haber actuación, senón o sábado 26 ás 21:00 horas da noite coa obra Comendo pimentos de padrón con Tarantino e o domingo ás 17:30 horas da tarde cunha obra para público infantil e familiar da compañía Trécola que se chama Pinokia”.

























Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.



