BURELA (FNC) .- A concelleira de Educación, Lucía Bouza, desminte as graves acusacións que verteu nas últimas horas o grupo municipal do PP sobre a súa persoa e sobre a Escola de Música. Bouza manifesta a súa profunda preocupación polas gravísimas acusacións que o PP de Burela está a facer sobre o procedemento de selección do profesorado da Escola de Música Municipal.
A edil socialista sinala que “antes de desmentir as falsidades e calumnias do PP, quixera aclarar que non vou tolerar que se fagan manifestación públicas deste tipo, sen que se dea nin un só argumento que as sosteña, polo que lle pido ao grupo municipal do PP que se absteña de continuar con este agresivo discurso baleiro de contidos que o único que procura é crear confusión entre a xente co único fin de obter beneficios electorais, pois non pode haber outro interese detrás deste discurso tan pobre e tan mal intencionado”.
Lucía Bouza alude ás declaracións dos populares nas que “éstes din estar acostumados aos meus chanchullos. Será porque eles nunca fixeron ningún tipo de procedemento público para a selección do persoal da Escola. Se cadra por iso agora a eles lles parece un chanchullo, cando saben sobradamente que ésta é a forma en que a lei nos obriga a contratar ó persoal, e é tamén a que nos parece máis xusta polo seu carácter público en condicións de mérito e igualdade para os candidatos e candidatas. Se teñen algunha dúbida poden informarse no Concello sobre esta cuestión”.
A concelleira de Educación segue a explicar que “polo visto é un chanchullo que nas bases do 2007 se baremase como mérito puntuable nas probas de selección do profesorado unha titulación superior en música, entre outros méritos. Pois sí que parece raro, sí, igual tería sido mellor puntuar un ciclo medio en cristalería, por exemplo, ou se cadra se lle ocorre algo mellor ao PP. Non é lexítimo que por este motivo se estea poñendo en dúbida a profesionalidade dun profesor da escola, mais aínda dous anos despois de térense celebrado as probas de selección. Ou se cadra será porque o PP se aproveita do parentesco deste profesor coa miña persoa, unha vez máis para os seus intereses políticos e non para defender os intereses da escola e do seu alumnado. Resulta curioso que cuestionen agora a este profesor, cando saben que leva traballando neste centro desde o 2004, ano no que aínda gobernaba o PP. Parece que entón valía, mais agora xa non”.
Sobre demora na convocatoria das prazas, Lucía Bouza, manifesta que “se estivo estudando ata o último momento a posibilidade de dar unha solución alternativa á contratación do profesorado da Escola. A negociación demorouse mais do previsto porque non se cumpriron os prazos marcados (e isto non foi precisamente por culpa do Concello), e de aí o retraso na convocatoria. Seica nesta cuestión teño unha actitude prepotente. Dígolles o mesmo de antes, supoño que para vostedes, para os señores do PP, será prepotente manter varias reunións co director da escola, o claustro de profesores, os sindicatos… porque dubido moito de que vostedes tivesen este tipo de reunións. Outra vez engánanse no significado dos termos”.
Pouco apoio do PP á música
A edil socialista di tomarse a broma as declaracións dos populares sobre o financiamento da escola que éstes tildaron de chocante, “permítanme que tome a broma este punto, pois isto sí que xa supera o límite da picaresca que caracteriza a súa política de oposición. Agora non lles parece ben que a escola organice seminarios e obradoiros durante o verán, tendo lugar o pasado ano o I Seminario de Música Clásica e o I Seminario de Jazz, sendo os primeiros seminarios deste tipo na historia da Escola de Música, e que contaron este ano coas súas respectivas segundas edicións, dobrándose o número de matrículas con respecto ao ano pasado. Ademais de obradoiros noutras especialidades instrumentais, que tamén foron realizados por primeira vez na escola, durante o presente ano. Pero o que máis me sorprende é que estean tan ao día das actividades que organiza a Escola de Música de Burela, porque o certo é que non se deixan ver moito, ou máis ben nada, en ningunha delas. Esta debe ser a súa forma de apoiar a música, non asistindo aos concertos e creando alarma social nos medios con mentiras e calumnias tan pronto teñen ocasión de facelo”.
Lucía Bouza conclúe dicindo que “non me pode acusar de xestión desastrosa quen tivo un nulo programa de actuación para a Escola de Música, arrastrando considerables problemas estruturais ata os nosos días, que estamos tentando corrixir con grande esforzo. ¿Por qué cando chegamos ao goberno non existían unhas bases que regulasen os procedementos de selección dos profesores e profesoras? ¿Por qué nos deixaron unha Banda de Música baixo mínimos e sen perspectivas de futuro? ¿Por qué non tiveron unha política financeira acorde coas necesidades da escola? Todas estas cousas están tentando ser reorientadas na procura dunha Escola de Música de calidade, que ofreza os servizos que se merecen os alumnos e alumnas deste centro, e así entendemos que ten acontecido desde que xestionamos este servizo. Continuaremos traballando neste sentido, e espero, que polo ben da Escola e do futuro musical de Burela, se unan a esta forma de traballar e de facer política, política para os cidadáns e cidadás e non para os intereses partidistas dunha formación política”.























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



