BURELA (FNC) .- A concelleira de Educación, Lucía Bouza, considera que o PP demostra unha vez máis que utiliza a Escola de Música como arma política para deslexitimar a xestión do goberno local. Entende tamén que os populares suavizaron as graves acusacións realizadas a semana pasada, pero cre que continúan coa súa teima de crear alarma social.
A edil socialista sinala que “unha vez mais, o PP de Burela volve utilizar a selección de profesorado da Escola de Música Municipal de Burela como arma política nun discurso opositor caracterizado pola mentira permanente, na procura do seu beneficio partidista, pois agora, ademais de culpar á concelleira delegada, tamén se alude de forma directa ao alcalde, nun intento de deslexitimar o labor do goberno local. Trátase realmente dunha forma pouco sutil de chegar ata ao alcalde para criticar a súa xestión, demostrando que o PP se encontra nunha política do vale todo nun intento desesperado por alcanzar o poder político. Parece que así entenden a política, como unha ferramenta para chegar ao control das institucións públicas e non como unha forma de mellorar os servizos públicos que deben ofrecer aos nosos concellos. Por qué se non, o PP nunca plantexou ningunha pregunta sobre o profesorado da Escola de Música nas comisións informativas de persoal en todo o tempo que levamos á fronte do goberno, dedicándose a bombardear con esta cuestión na prensa á primeira de cambio. Tamén me pregunto si é esta a súa forma de traballar para que Burela conte cunha Escola de Música de calidade ou será que só procura o seu beneficio como partido”.
Lucía Bouza cre que “non obstante, o PP suaviza as acusacións que a semana pasada vertía sobre a miña persoa e sobre o profesorado da Escola de Música, dándonos mostra dunha tímida e parcial rectificación con respecto ás súas propias declaracións, pois agora xa non se atreven a afirmar con rotundidade que se colocará a persoas afíns na Escola, senón que falan de que a selección puidera estar dirixida a unha persoa que puidera ser o irmán da edil Lucía Bouza. Parece que sen querer recoñecer as súas propias calumnias, suavizan o seu discurso aínda que mantendo en entredito o procedemento selectivo. É por isto que novamente me vexo na obriga de explicar algunhas cuestións relacionadas co procedemento selectivo da Escola para que se vexa con claridade que o PP non fai mais que mentir a este respecto”.
Mentiras do PP
A concelleira de Educación di que “mente o PP cando afirma que se prima a licenciatura en Historia e Ciencias da Música para as prazas de Director da Escola e Director da Banda, pois esta é unha das titulacións esixidas para o acceso a estes postos e as bases da convocatoria din que non se terá en conta [para a valoración dos méritos] a titulación presentada para acceder á praza . Polo tanto, nestes dous casos (Director da Escola e da Banda), esta titulación non pode puntuar 1,5 puntos na fase de concurso, como afirma o Partido Popular”.
Lucía Bouza engade que “parece que tampouco lle gusta ao PP que se puntúe con 1 punto a diplomatura en Maxisterio na especialidade de Educación Musical. Sorpréndeme enormemente que habendo como hai no PP de Burela, persoas que se dedican ou dedicaron á docencia, consideren que esta titulación non deba ser baremada na fase de concurso para seleccionar o profesorado dunha escola de música. Non sei si se trata dun exercicio de acrobacia próximo ao esperpento, para continuar deslexitimando o procedemento selectivo ou se pola contra, realmente consideran que esta titulación non é importante para unha persoa que se dedique á ensinanza musical. Si se trata disto último, é realmente triste que infravaloren deste xeito a súa propia profesión, pola cal eu lles podo asegurar que teño grande respecto e admiración. Lémbrolles que o título de mestre, en calquera das especialidades existentes, é a titulación que a Consellería de Educación esixe como requisito indispensable para poder acceder ao corpo de Profesores de Ensino Primario, polo que a convocatoria do Concello é aínda máis concreta neste sentido, ao puntuar unha titulación específica de música para aquelas persoas que van desenvolver un labor docente na Escola de Música”.
A edil burelesa segue a relatar que “din tamén que non se convocou a praza de saxofón, pero non se preguntan porqué tampouco se convocaron outras especialidades que se imparten na escola como fagot, óboe, gaita, coro, harmonía, linguaxe musical… sabendo que o Concello non pode asumir a contratación dun especialista en cada unha das distintas especialidades instrumentais e das distintas materias, encargándose delas o profesorado contratado, como así ven sendo desde que se creou a Escola de Música e así se especifica nas bases da convocatoria. Resulta curioso que só se fagan a pregunta sobre a especialidade que actualmente imparte quen para eles é o irmán da concelleira. Tamén me sorprende que o PP coñeza tan ben o funcionamento interno da escola, cando non se deixan ver en ningunha das moitas actividades organizadas polo centro e polas súas agrupacións durante todo o ano”.
Para Lucía Bouza “as novas manifestacións do PP, demostran unha vez mais, que se aproveitan da relación de parentesco que teño cun dos profesores da escola, para ir en contra do goberno municipal e que realmente lles importa ben pouco que a escola conte cun profesorado ben formado e que demostre a súa aptitude pedagóxica (aspectos estes que se valoran no procedemento selectivo). Aseguran que non teñen nada en contra deste profesor que segundo eles está sendo axudado polo Concello, mais continúan sen darse conta de que o seu discurso non se sostén por ningún lado como queda demostrado, na súa obsesión permanente por atacar ao concello a calquera prezo, e sen pararse a pensar por un momento no dano que poden estar causando a esta persoa”.
A concelleira de Educación remata a súa exposición sinalando que “parece que as bases que rexen a convocatoria lles resultan sorprendentes aos responsables locais do PP e pídennos ética, transparencia e elegancia. Supoño que esta sorpresa virá motivada porque eles nunca fixeron ningún procedemento público de selección como o que agora está tendo lugar. Eu non poido deixar de preguntarme si ¿Cumpriría o seu sistema de selección os principios de ética, transparencia e elegancia que agora nos piden a nós?”.



















A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.



