NOTA DE PRENSA
O BNG DEMÁNDALLE Á XUNTA QUE PRESIONE A UNIÓN EUROPEA PARA QUE SE INCREMENTE A CUOTA DE XARDA DA FLOTA GALEGA
Bieito Lobeira solicita unha moratoria na construción de plantas de acuicultura
Santiago de Compostela,9 outubro 09.- O portavoz de Pesca do BNG, Bieito Lobeira, demandou hoxe no Parlamento Galego que a Xunta de Galiza “defenda os intereses do sector pesqueiro galego tanto ante o Goberno Central como en Bruxelas para que a flota galega incremente a súa cuota de xarda en 2010”.
Bieito Lobeira denunciou este mediodía na Comisión de Pesca do Parlamento Galego que “a Xunta de Galiza está a manter unha postura pasiva e acrítica ante decisións de Bruxelas que están a perxudicar gravemente a nosa flota”:
“A prohibición de pesca da xarda é claramente perxudicial e sen sentido”
O deputado nacionalista asegurou que a decisión do Goberno Español de prohibir a pesca de xarda a partir do 10 de xuño deste ano ao ter superado supostamente o TAC asignado á frota do Estado español pola Unión Europea “non ten sentido e contradise coa realidade”.
Así, lembrou que esta decisión “impediu que se poidera capturar esta especie durante o mes de verán, cando adquire no mercado maior valor, o que privou a moitos mariñeiros dunha importante fonte de ingresos”.
Ademais, subliñou que “existe unha importante densidade de xarda no noso litoral, o que demostra que non é unha especie en situación de colapso biolóxico”.
Por último, denunciou “o absurdo de que a xarda pescada, e polo tanto morta, de xeito accidental polos nosos buques teña que ser devolta ao mar para protexer o stock”.
Por todo iso, o deputado do BNG instou á Xunta de Galiza a que “asuma un papel activo e actúe en todos os frentes para que na reunión do Consello de Ministros de pesca da UE prevista para o mes de decembro se incremente o cota de xarda para a flota galega”.
Moratoria na construción de piscifactorías
Por outra parte, o deputado do BNG plantexou na Comisión de Pesca do Parlamento Galego que a Xunta de Galiza acorde unha moratoria na construción de pisficatorías, co obxectivo de chegar a un acordo para o desenvolvemento da acuicultura en Galiza compatíbel co respecto ao medio ambiente e co marisqueo e a pesca de baixura.
Bieito Lobeira denunciou que “o Partido Popular está totalmente ao servizo dos intereses de Pescanova, sen reparar en que o modelo desta multinacional para o noso país é incompantíbel con outras actividades produtivas e mesmo coa xeración de emprego digno e estábel”.
Puxo como exemplo que a multinacional pesqueira “recibiu do Goberno do PP na Xunta entre os anos 2000 e 2005 máis de 42 millóns de euros de axudas públicas, o que non redundou nun incremento do emprego xa que pasou de 832 a 760 traballadores e traballadoras en Galiza”.
No caso concreto da Planta de Touriñán, o deputado nacionalista advertiu de que “os estudos da Universidade de Santiago alertan de que a piscifactoría afectará de forma severa ao percebe”. Neste sentido, preguntouse se “os 40 postos de traballo que di que vai crear pescanova compensará aos máis de 100 percebeiros que están censados na confraría de Muxía”.
Por último, Bieito Lobeira salientou que “segundo os propios dados do Cluster da Acuicultura de Galiza todas as piscifactorías do noso país dan emprego directo a tan só 270 persoas, e subvencionados como media con 500.000 euros de axudas públicas por posto de traballo”






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



