O mércores 14 de outubro, de 16:00 a 18:30 horas, vai ter lugar unha nova actividade do Proxecto Encontros denominada “Remedios Naturais Tradicionais e Caseiros”; será na nova aula de formación do Concello. A actividade vai consiste nun encontro entre persoas maiores (membros da Escola de Maiores do noso Concello ) e alumnos/as de 1º e 2º da ESO do IES Illa de Sarón. As persoas maiores vanlles explicar aos rapaces/as como se curaban eles antigamente, os remedios caseiros e naturais que se empregaban antes para curar doenzas. Neste encontro van participar tamén dúas farmaceuticas de Xove, Ana Boñar e Natalia Díaz, as cales, como técnicas, van clarexar cales deses remedios caseiros teñen vixencia inda hoxe.
Proxecto Encontros en Xove: “Remedios naturais tradicionais e caseiros”
Proxecto Encontros en Xove: “Remedios naturais tradicionais e caseiros”
Relacionado
-
Unha persoa resultou ferida no incendio dun alpendre na Pastoriza
-
Ribadeo celebrou este sábado a festividade do seu co patrón, San Roque. Pola mañá saíron os Cocos, houbo misa, procesión, concerto da Banda Municipal de Música e sesión vermú
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, asistiu este sábado ao acto de lembranza e homenaxe a Dino Pacio Lindín (Xemil, Pastoriza, 1934-Nova Iorq, 2025), que se celebrou na Casa da Cultura de Pastoriza