O VALADOURO .- A plataforma Queremos Galego trae a súa vila natal, O Valadouro, o cantautor Miro Casabella, un dos fundadores da nova canción galega a través do colectivo Voces Ceibes na segunda década dos sesenta. Actuará na casa da Cultura o venres as nove da noite.
Nota de Prensa
Queremos galego do Valadouro convida aos veciños a participar do acto e da manifestación do 18 en Compostela.
Miro Casabella actúa na Casa da Cultura de Ferreira o Venres 9 ás 21:00 h.
O cantautor de Ferreira do Valadouro, Miro Casabella, actuara o vindeiro Venres 9 de outubro a partir das 21 no Salón de actos da Casa da Cultura de Ferreira de Valadouro no que vai ser o seu primeiro concerto na súa vila natal despois de máis de corenta anos polos escenarios de todo o mundo.
A actuación de Miro Casabella, un dos fundadores da nova canción galega a través do colectivo Voces Ceibes na segunda década dos 60, vai ser un repaso aos seus máis de corenta anos de carreira artística iniciado co seu disco Soia editado en 1966 pola mítica Edigsa e na que destacan temas como “Ti, Galiza”, “O meu pais”, “A bandeira” ou “Maria Soliña”.
O compromiso coa lingua e coa cultura do País é unha constante na música de Miro, o primeiro músico en cantar en galego despois da Guerra Civil, ate o punto de que musicou a boa parte dos poetas galegos sendo tamén o primeiro músico que despois do 36 utilizou a zanfona nos seus recitais.
O concerto de Miro Casabella en Ferreira do Valadouro está organizado pola “Plataforma Queremos Galego” que pretende con este acto alertar sobre a difícil situación que está a vivir a lingua neste momento concreto. Ivan Marrube indicou que “a ese estado de saúde de por si preocupante, como reflicten todos os estudos elaborados ate o momento, únese un elemento non menos grave: as medidas regresivas que no ámbito da lingua ou da cultura está a aplicar o actual goberno da Xunta xa desde os primeiros días da lexislatura”.
Ivan Marrube chamou “a transformar en enerxía a prol da defensa do noso idioma, elemento central da nosa existencia colectiva, a gran preocupación que a actual política lingüística do goberno galego ten creado en amplos sectores da sociedade. Instamos ao noso pobo a moverse a favor de aquilo que nos une e identifica, que nos sitúa as galegas e os galegos no mundo no mesmo nivel que as outras culturas do planeta, aquilo que nos fai universais: a nosa lingua”.
Xa por último Marrube animou aos veciños do valadouro a participar da mobilización do 18 de Novembro e recordaron que haberá un autobús gratuíto desde o Valadouro que sairá de diante do Restaurante O Frenazo para acudir a manifestación que saíra o Domingo 18 ás 09:00 de diante do Concello. Neste sentido desde a Plataforma “Queremos Galego” recordaron que aquelas persoas que queiran acudir a manifestación debe anotarse chamando ao Tlf:982-140-654 en horario de 11:00 a 13:00 e de 18:30 a 20:30 de Luns a Venres.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



