Nota de Prensa
Veiga afirma que o PP está definitivamente empeñado en que sexan os nacionalistas quen executemos o Corredor
O BNG denuncia que os Orzamentos de 2010 asinan a acta de defunción do Corredor
O Bloque Nacionalista Galego considera que os Orzamentos da Xunta de Galiza representan unha absoluta ausencia de compromiso coa Comarca por parte do Partido Popular, nomeadamente naquelas cuestións centrais para o futuro da Mariña. “A Mariña desaparece nos orzamentos de 2010, e así se explica a campaña de engano masivo que tenta levar adiante o PP” afirma Veiga que pregunta ao PP que “sería bo que Balseiro nos indicase de onde saen os seus números ou se é que ten estragada a calculadora”. Non é necesario que lembre aquí o programa electoral do PP, pero a ninguén se lle escapa que este se converteu en papel mollado”
Os compromisos de Balseiro e o PP da campaña electoral son papel mollado
Os nacionalistas temos claro que as contas para o 2010 evidencian a dupla linguaxe coa que funciona o PP ”onde están as dotacións orzamentarias para todas aquelas cuestións que prometeu Balseiro?” preguntase Veiga que ve un autentico escándalo na parálise que este orzamento significa para execución do Corredor Barreiros – Ferrol. Veiga recordou que esta obra debía estar rematada en 2007 tal como asinaran Cuíña e Cascos en 2001 e a pesar do retraso que acumula estes Orzamentos xa fixan que 2/3 do investimento da mesma(70 millóns de Euros) vanse executar despois de 2013. A falta de dotacións nos Orzamentos do Estado e da Xunta para esta actuación, que pon en evidencia e que o deseño viario discrimina ao norte galego, o que exemplifica o papel marxinal que se lle ten asignado. “O PP está definitivamente empeñado en que sexan os nacionalistas quen executemos o Corredor nos seus tramos de competencia autonómica senón non se explica porque o gordo do investimento se transfire a próxima lexislatura” concluíu Veiga.
O BNG anunciou tamén o inicio dunha batalla social e institucional para modificar o deseño das infraestructuras viarias no norte galego e neste sentido urxiu un acordo do Parlamento de Galiza que fixe contías e prazos para que a obra se remate nun prazo razoábel que en ningún caso pode superar o horizonte de 2004. Neste sentido desde o BNG vai presentar unha proposición non de lei no Parlamento de Galiza e solicitar que a Xunta estableza un cronograma que de resposta as nosas demandas en materia de infraestructuras.Asemade imos demandar posicionamentos do conxunto das forzas socias da Comarca “porque non podemos estar caldos ante esta nova aldraxe” reiterou Veiga.
Unha área norte con gran potencial económico abandonada polas administracións
O Responsábel-Portavoz Comarcal do BNG lembrou que área norte da Galiza costeira, as comarcas da Mariña lucense, Ortegal, Eume e Ferrol, constitúen un espazo definido e diferenciado de 300.000 habitantes e 3.000 quilómetros cadrados de superficie, segundo se define no estudo socio – económico realizado pola Fundación Universidade de A Coruña e na historia común destes territorios. Neste sentido lembrou o potencial económico e demográfico desta área xeográfica caracterízase pola presenza de importantes enclaves industriais e enerxéticos (Inespal-Alcoa, Endesa-As Pontes, Megasa, IZAR-Fene/Ferrol) así como unha actividade relativamente superior á media galega en sectores como a pesca, a explotación forestal, industrias extractivas de minerais non metálicos, alimentación, téxtil e confeción, madeira e corcho, química, metalurxia, transportes e outros, cuxo desenvolvemento futuro está precisamente condicionado á mellora das infraestruturas viarias. En resume, o 10.5% da poboación galega, o 10.3% da cuota de mercado galega, o 14.0% da actividade industrial de Galiza e o 10.3% da actividade económica galega concéntranse nesta zona. Porén rematou o nacionalista “esta relevancia económica e social, determinante sen dúbida dentro do PIB galego, contrasta cunha deficiente dotación de infraestruturas de comunicación, o que dificulta os fluxos de actividade e a inter-relación entre as distintas áreas do territorio, e do conxunto co exterior, constituíndo esta situación un freo importante para o pleno desenvolvemento do potencial existente nesta área xeográfica galega”.
A parálise na execución de infraestructuras públicas ten efectos demoledores na criación de emprego e reactivación da economía.
Xa por últimos desde o BNG queremos denunciar que a paralización desta infraestrutura, na medida que implica o retraemento do gasto público e xa que logo de investimentos, ten unhas fortes implicacións no emprego, precisamente cando este debía ser a principal preocupación da Xunta. Nun momento de crise económica e cando o conxunto dos gobernos europeos están facendo unha forte aposta pola mobilización de recursos públicos para incentivar a economía, o Goberno de Feijoo ponlle o freo a unha actuación que significaría un alivio económico para toda a área norte galega. Os nacionalistas non chegamos a entender como o executivo se pode marcar outras prioridades de gasto que non vaian na dirección de activar a actividade económica e moito menos que non valore os beneficios que en termos de emprego xeraría este vial para o conxunto da Comarca da Mariña.



















O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este venres o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
O sábado tivo lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



