BURELA .- A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración co concello de Burela, oferta no mesde decembro un obradoiro de “Iniciación á Informática: Linux” e outro de de “Iniciación a Internet”. As persoas interesdas en obter máis información poden dirixirse a Casa da Xuventude do concello ou mandar un correo electrónico ao seguinte enderezo: roberto.burela@dinamiza.fundacioncalidade.org.
Nota de Prensa
A Rede presenta o seu programa para decembro en Burela
Dous novos obradoiros tecnolóxicos conforman a oferta da RDSI para o mes
Burela, a 27 de novembro de 2009. A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración co concello de Burela, anuncia máis actividades de achegamento ás Novas Tecnoloxías que se levarán a cabo neste mes de decembro. As actividades e as datas nas que se desenvolverán son as seguintes:
o Obradoiro de “Iniciación á Informática: Linux”: preténdese que o usuario/a, ao finalizar este obradoiro, sexa capaz de manexar con certa soltura os obxectos e funcionalidades básicas dun sistema operativo baseado en Software Libre. Desenvolverase de luns a xoves, do 1 ao 21 de decembro, de 16 a 17 horas.
o Obradoiro de “Iniciación a Internet”: con esta actividade preténdese que o usuario/a, ao finalizar este obradoiro, sexa capaz de navegar e coñecer os servizos que lle ofrece Internet empregando o navegador libre Mozilla Firefox. Desenvolverase de luns a xoves, do 9 ao 23 de decembro, de 19 a 20 horas.
Asemade, durante o mes de decembro rematará a iniciativa que a Rede vén desenvolvendo desde novembro, “Memoria de Muller”. Esta iniciativa consiste en que cada muller participante cree un vídeo empregando imaxes antigas ou novas, incorporando a súa propia voz, sons ou músicas para narrar unha historia da súa vida.
A Rede de Dinamización, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, enmarcada no PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información), é unha das estratexias fundamentais para a inclusión na Sociedade da Información. A Rede ten entre os seus principais obxectivos titorizar a cidadanía con maiores dificultades e proporcionarlles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da S. I. A RDSI conta con 51 dinamizadores e dinamizadoras espallados pola xeografía galega en diversos Centros de Dinamización, nos que se desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital, entre outros, adaptados ás necesidades de diferentes colectivos sociais como son mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.
Para solicitar máis información sobre as súas actividades poden dirixirse ao Centro de Dinamización de Burela, sito na Casa da Xuventude do concello ou mandar un correo electrónico ao seguinte enderezo: roberto.burela@dinamiza.fundacioncalidade.org.
























Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



