BURELA (FNC) .- Celebrouse no Centro de Formación Ocupacional de Burela unha conferencia-seminario sobre importancia das TIC na dinamización de negocios. Foi organizado e impartido por Academia Postal en colaboración do departamento de Emprego do Concello de Burela. En total participaron 12 persoas, ás que lles deron a oportunidade de coñecer as principais posibilidades, ferramentas e beneficios que as novas tecnoloxías poden proporcionar ás PEMES e microempresas no entorno de Burela. Todos os asistentes recibiron unha axenda e un bolígrafo e nos vindeiros días seralles enviado un diploma oficial acreditativo.
Acto sobre a importancia das TIC na dinamización de negocios
Acto sobre a importancia das TIC na dinamización de negocios
Relacionado
-
Viais de Vilaronte reciben melloras por valor de 110.000€
-
Do 20 o 24 de maio estará aberta a inscrición para participar nas actividades de verán que organiza a Concellería de Mocidade de Ribadeo
-
O BNG insta desde A Mariña á Xunta á modificar a lei de portos de galicia para eximir aos concellos e entidades sen ánimo de lucro do pago pola utilización dos terreos portuarios