Nota de Prensa
UNHA NOVA RECLAMACION DUNHA EMPRESA SUBMINISTRADORA DE ELECTRICIDADE ADVIRTE DO CORTE DE SUBMINISTRO A FINAIS DE NOVEMBRO
Begasa fai unha nova reclamación de 44,6 millóns de pesetas que deberán abonarse antes do 27 de novembro baixo ameaza de corte do subministro
Os nacionalistas pregúntanse que fai o alcalde cos impostos da cidadanía e como xustifica que non se executen os pagos de facturas eléctricas orzamentados como gasto corrente
Cervo, 12 de novembro de 2009. O Bloque Nacionalista Galego de Cervo fai pública unha nova reclamación dunha compañía subministradora de enerxía eléctrica ao concello de Cervo que reclama o pago de 44,6 millóns das antigas pesetas antes do 27 de novembro, advertindo que de non executarse o pago na data sinalada procederían a iniciar os trámites para o corte do subministro eléctrico. Os nacionalistas concretan no seu escrito que as cantidades reclamadas nalgúns casos son as mesmas que esta compañía reclamaba en xuño de este ano ás que se suman as correspondentes ao período de xuño a setembro mais intereses por importe de 889.115 pesetas.
268.310,18 euros en facturas correspondentes aos anos 2007, 2008 e 2009 que aínda non foron recoñecidas
De acordo co requirimento de pago rexistrado no concello o 4 de novembro as cantidades reclamadas correspóndense con facturas de subministro eléctrico do ano 2007(77,47 euros), 2008(100.859,02 euros) e 2009(162.026 euros) mais intereses de demora por 5.347,69 euros, en tódolos casos facturas aínda sen recoñecer e sen mandamento de pago. O BNG advirte que chove sobre mollado e reitera que as reclamacións das eléctricas non son as únicas presentadas por empresas provedoras de materiais e servizos ao concello de Cervo, “dende fai tempo recíbense no rexistro municipal reclamacións de empresas adxudicatarias de obras, de telefonía, de medios de comunicación, de SOGAMA, ou de bufetes de avogados, que nalgún caso optan pola presentación das reclamacións pola vía xudicial”, sinala o portavoz nacionalista, Xoán Estúa.
O goberno local trata de agochar o problema no canto de solucionalo
O concelleiro e portavoz municipal do BNG, Xoán Estúa, cualificou de irresponsábel a actitude do Alcalde e Delegado de Facenda, Alfonso Villares, “que se limita a criticar ao BNG por dar a coñecer aos veciños a caótica xestión municipal, mais non fai nada para solucionar os problemas”. Estúa lembrou que os gastos en enerxía eléctrica son gastos correntes consignados nos orzamentos municipais para atender o seu pago e,”á vista das reclamacións non se utilizan para ese fin polo que sería bo saber que fai o alcalde co diñeiro dos contribuíntes que ademais deberán pagar intereses de demora pola mala xestión do goberno que dirixe”.
Os cidadáns non teñen porqué pagar a mala xestión económica do PP
Os nacionalistas responsabilizan ao goberno do PP da situación ao considerar que Cervo é o único concello da comarca que está nesta situación económica a pesar dos cuantiosos ingresos procedentes da “boom” da construción dos últimos anos, sen que esta capacidade recadatoria servira para mellorar a facenda municipal, “moi ao contrario este feito deixa como lastre a desfeita urbanística e as arcas municipais baleiras”, sinala Estúa.
Por último, Estúa volveu facer fincapé nas consecuencias que a mala xestión económica do PP ten para os cidadáns de Cervo, o portavoz nacionalista aludiu á modificación de diferentes ordenanzas fiscais aprobadas polo goberno local en sesións plenarias do ano 2008 con incrementos porcentuais do 4,5% para 14 ordenanzas fiscais cando a suba do IPC en Galiza estaba no 3,6%; na mesma liña Estúa reclamou ao PP coherencia política xa que “o mesmo partido que reclama nuns sitios a baixada de impostos en época de crise, onde lle toca gobernar fai todo o contrario”. O portavoz nacionalista advertiu que “non poden ser os veciños quen paguen os pratos rotos da mala xestión económica do PP”, e anunciou que pedirá a actualización das ordenanzas fiscais de acordo co IPC actual.

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



