NOTA DE PRENSA
O GPPP denuncia que en seis meses o Inludes só gastou cinco de cada cen euros que tiña adicados a inversión
* Os populares piden claridade e dinamismo na dirección política do ente lucense dependente da Deputación
Lugo, a 6 de novembro de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular denuncia que o orzamento do Inludes para o presente exercicio estase a executar “baixo mínimos e cuns niveis de esixencia realmente pobres”. Os populares explican que os datos a 30 de xuño deste ano son “preocupantes” porque “ó ritmo que se vai é moi difícil non xa o cumplimento do orzamento a finais de ano, senón chegar incluso a comprometer o gasto”. Os precedentes, de feito, non son moi alentadores: en 2008 só foron capaces de comprometer o 10,58 por cento do orzamento previsto en inversións reais.
González Barcia incide de forma contundente no capítulo de investimentos reais. Así, asegura que o grao de compromiso acadado a 30 de xuño “é unha burla á intelixencia dos cidadáns da provincia e a mostra máis palpable de que non hai impulso á acción do Inludes”. Os datos, di, “son concluintes: só estaban comprometidos 436.781’35€ dun total de 8.228.210’61€, ou sexa, un pobrísimo e escandaloso 5’31%”.
Este feito amosa, salienta Barcia, “que non hai unha aposta real pola provincia, que os orzamentos fanse sin intención de cumplilos, e que a dirección política do Inludes é manifiestamente mellorable”.
O voceiro adxunto dos populares aporta máis datos datos. Así, segundo asegura, o grao de cumplimento do capítulo de gastos correntes do Inludes era a 30 de xuño do 33 por cento, xa que dos 3.339.396’67€ só estaban comprometidos 1.104.795’33€.
No que se refire a transferencias correntes, o grao de execución é do 37%, xa que só había comprometidos 930.000 euros dun total de dous millóns e medio.
“Máis pobre” é, na súa opinión, o nivel de execución do capítulo de transferencias de capital, dado que únicamente se tiñan comprometido 288.000’00€ dun total de 886.011’04€, o que signfica o 32’5% do total.
“Este ano”, conclúe González Barcia, “que aprobaron os presupostos cando quixeron e que continúan os efectos da crise económica, é evidente que a aposta do Inludes pola provincia debería ser decisiva e que a execución presupuestaria tería que ser unha prioridade. Pois non, fan xustamente o contrario, e por riba demoran considerablemente o abono das subvencións”.


















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



