SANTIAGO .- A Consellería do Mar “estuda en firme a apertura do dique norte do porto de San Cibrao ao tráfico comercial xeral”. A conselleira , Rosa Quintana, prevé que o informe de viabilidade estea listo antes de que remate o ano, documentos “que nos darán a clave e nos dirán a liña na que traballar cara ao futuro en relación con esta infraestrutura”.
NOTA DE PRENSA
A conselleira prevé que o informe de viabilidade estea listo antes de que remate o ano
MAR ESTUDA EN FIRME A APERTURA DO DIQUE NORTE DO PORTO DE SAN CIBRAO AO TRÁFICO COMERCIAL XERAL
? Mar traballa na idea dunha xestión coordinada dos portos da Mariña lucense para captar novos tráficos e sumar oportunidades
? Rosa Quintana considera que a posta en funcionamento do dique norte suporía un pulo na dinamización da costa de Lugo
? A postura da Xunta coincide coas reivindicacións dos colectivos sociais, económicos e políticos da comarca
Santiago, 11 de novembro de 2009.- A conselleira do Mar, Rosa Quintana, manifestou a súa vontade para levar adiante a apertura ao tráfico xeral do dique de Moras, no porto de San Cibrao. Ante a Cámara galega, a conselleira dixo que este tema “xa está en estudo”, e que espera ter os resultados do informe antes de que remate o ano, uns documentos “que nos darán a clave e nos dirán a liña na que traballar cara ao futuro en relación con esta infraestrutura”.
Rosa Quintana incidiu en que a Xunta traballa na idea dunha xestión coordinada dos portos da Mariña Lucense “para captar novos tráficos e sumar oportunidades”. Neste senso, a titular de Mar remarcou que o obxectivo da Xunta “non é priorizar uns portos sobre outros, senón integralos e coordinalos, para saír gañando”. “Entendemos que hai tráfico para cada un deles e que cada un debe especializarse na recepción e embarque de mercadorías diferentes”, dixo, e puxo como exemplos a Burela co caolín, Celeiro co seixo ou Ribadeo coa pasta de papel.
A posta en funcionamento do dique norte do peirao sancibrense representaría, segundo explicou a conselleira “un pulo enorme na dinamización do norte galego, xa serviría para captar novos tráficos que agora se levan outros portos como o de Musel en Xixón”. En resposta a unha pregunta parlamentaria, a conselleira lembrou que a postura da Xunta de Galicia “vai na liña de apoiar e dar saída aos esforzos realizados para facer realidade esta reivindicación histórica defendida polos colectivos sociais, empresariais e políticos da Mariña lucense”.
Cambio de postura sobre a apertura
Rosa Quíntana destacou o cambio de postura do grupo socialista acerca da apertura deste dique norte do peirao de San Cibrao destacando que en 1999 defendía o seu destino ao tráfico xeral, namentres que agora cuestionan a súa viabilidade polo impacto sobre ALCOA e os portos comerciais de competencia autonómica situados na Mariña. A este respecto, os socialistas, a través do senador por Lugo Luís Ángel Lago Lage, establecían o horizonte do 2008 para a apertura do dique norte, cando, dous anos despois e tendo baixo o seu goberno todas as administracións implicadas na decisión, non levaron a cabo xestión ningunha neste sentido.
No mesmo senso, a titular de Mar emprazou a Ismael Rego e ao grupo socialista a definirse sobre esta cuestión, entendendo que non se pode crer na afectación sobre os portos e tamén a contraria. Asemade, tamén defendeu a coherencia da postura da Consellería do Mar neste asunto e reiterou a aposta deste departamento coa Mariña e con esta importante infraestructura

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



