Nota de Prensa
O BNG DE FOZ DEFENDE O MANTEMENTO DAS OFICINAS DE I+B, UNHA DELAS EN MONDOÑEDO
“Fan un gran labor social en coordinación cos Concellos e libéranos de ter que asumir un gasto importante”
Foz, 5 de novembro de 2009.- O BNG de Foz presentará no próximo Pleno ordinario unha Moción para o mantemento das oficinas de I+B e dos programas que desenvolven actualmente en materia de inclusión social, familia e menores.
Na actualidade hai no noso país 18 oficinas de I+B, unha delas en Mondoñedo, ás que hai que sumar a do módulo Nelson Mandela do Centro Penitenciario de Teixeiro, e que atenden 294 concellos, é dicer, a prática totalidade dos municipios galegos, exclusión feita dos de carácter urbano.
Estas oficinas actúan, en plena coordinación cos servizos sociais municipais, desenvolvendo programas en materia de menores, como é o Plano Estratéxico Galego de Infancia e da Adolescencia, que ocupa a 28 traballadores e traballadoras; loita contra a pobreza e inclusión social, co Plano de Inclusión Social de Galiza 2007-2013, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e que ocupa a 46 traballadores e traballadoras; igualdade, co Plano de Igualdade de Oportunidades, desenvolvido por 18 traballadores e traballadoras; e, familia, a través do Plano Integral de Apoio ás Familias, atendido por 12 traballadores e traballadoras. En total, son 104 traballadores e traballadoras, aos que hai que sumar as 9 persoas que integran a equipa coordinadora e 3 profesionais que exercen no módulo Nelson Mandela de Teixeiro. Cómpre lembrar que son todas e todos son profisionais que accederon aos seus postos de traballo despois de superaren, de conformidade coa normativa reguladora do acceso ao emprego público, as correspondentes probas selectivas tal e como o pasado 3 de novembro recoñeceu a Secretaria Xeral de Familia e Benestar, Susana López Abella, rectificando as manifestacións verquidas no curso dunha comparecencia parlamentaria o pasado 23 de outubro nas que cualificou as oficinas de I+B como “oficinas de emprego do BNG”.
Aínda tendo en conta todo isto, tanto a Conselleira de Traballo e Benestar como a Secretaria Xeral de Familia e Benestar, seguen a deitar dúbidas sobre o futuro destas oficinas e das súas traballadores e traballadores, avogando para que sexan os concellos os que asuman os servizos que se prestan na actualidade e remitindo a súa continuidade á negociación coa FEGAMP. Ameázase deste xeito con pór fin a unhas oficinas que, desde un punto de vista integral e multidisciplinar, supuxeron unha clara melloría na prestación dos servizos sociais no canto de afortalalas dando continuidade a un proceso de consolidación de emprego para os seus traballadores e traballadoras paralisado pola Xunta do PP. Hai que ter en conta que estas oficinas de I+B traballan en permanente coordinación cos servizos muncipais, que ven desconxestionar o seu traballo ao permitir derivar cara elas un volume importante de asuntos.
Polo o exposto, o grupo municipal do BNG insta á Xunta de Galiza a:
1. Manter as oficinas de I+B coas funcións actuais en materia de familia, igualdade, menores e inclusión social.
2. Dar continuidade ao proceso de consolidación de emprego para as traballadoras e traballadores das oficinas de I+B.

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



