Nota de Prensa
Apertura do dique norte do Porto de Alcoa: reactivación da economía e creación de emprego
O responsábel local do BNG de Xove, Marco López, manifestou a intención da formación nacionalista de levar ao Pleno da Corporación Municipal (sinalado para o vindeiro luns día 9 de novembro) a esixencia de que se acorde exhortar ao Ministerio de Fomento coa finalidade de que informe da situación na que se atopan as negociacións para a liberalización do dique norte do Porto de San Cibrao e, asemade, no caso de que non se comezaran, que se apreme “tendo en conta que o 25 de setembro do 2008 o Congreso dos Deputados aprobou por unanimidade iniciar os trámites, dando un prazo de tres meses para o comezo das negociacións coa empresa concesionaria”.
Marco López tamén cre de xustiza instar ao Consello da Xunta para que aumente a representación lucense no órgano reitor da Autoridade Portuaria, en concordancia coas contribucións que se fan desde o Porto de San Cibrao. Neste sentido incidiu en que “a Autoridade Ferrol-San Cibrao recadou aquí 18,8 millóns de euros nos últimos dez anos, o que permitiría o autofinanciamento da obra”. Do mesmo xeito, subliñou que “o porto, hoxe limitado ao seu dique sur, xera o 47,5% da cota total de negocio da Autoridade Portuaria”, aseverou.
O responsábel do BNG en Xove lembrou que o Porto de San Cibrao está sendo explotado a día de hoxe en réxime de monopolio pola multinacional Alcoa, para o que conta cunha concesión até 2023, e que só utiliza o dique sur: “O que ven certificar o desaproveitamento do dique norte para a súa utilización no tránsito comercial”. A este respecto sinalou que a posta en funcionamento do dique norte significaría habilitar un peirao de atraque de 500 metros que permitiría a entrada de mercantes de 62.000 toneladas: “Isto achegaría un investimento de preto de 9 millóns de euros e significaría poñer en valor un sistema portuario galego con epicentro nos concellos de Xove e Cervo”, asegurou.
Finalmente Marco López incidiu no feito de que, ao abeiro dos recortes no investimento público promovidos polo actual goberno da Xunta, a ausencia de ideas no PP, a paralización do concurso eólico e o desmantelamento de servizos básicos en materia sanitaria e de servizos sociais que afondan na destrución de postos de traballo: “A posta en funcionamento do dique norte de Alcoa representaría un pulo enorme na dinamización do norte galego, abaratando os custos do sector industrial da zona que se ve na obriga de utilizar os portos da Coruña, Vigo ou Xixón

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



