RIBADEO (FNC) .- O Concello de Ribadeo ven de aprobar por unanimidade em pleno o seu I Plan de Igualdade, que ven a ser un plan de traballo desde o ano actual até o 2011, “un documento útil que nos servirá para actuar co obxetivo de reducir as desigualdades entre homes e mulleres”, segundo explica a responsable do CIM. Luisa González asegura que “se trata dun plan que ten un caracter eminentemente práctico, coherente coas competencias municipais e co traballo desenvolvido nos últimos anos. É un plan adaptado ao territorio, á realidade concreta de Ribadeo. Este Plan facilitáranos enormemente o traballo, ao estaren definidas as accións a emprender, ao estar xa establecido por escrito que accións neste momento en base á diagnose sobre a situación do concello de Ribadeo é fundamental realizar para equiparar os intereses, necesidades e expectativas das mulleres e dos homes que residen em Ribadeo”.
O plan de Igualdade do Concello de Ribadeo reune as seguintes características:
* Este plan é unha cuestión de xustiza social: As institucións teñen que intervir para evitar as interferencias sociais que dificultan a libertade, integridade e dignidade das mulleres a nivel social, e impiden o avance das mulleres.
* Contribue ao desenvolvemento democrático da sociedade: A ausencia ou infrarepresentación das mulleres nos centros de decisión política é un déficit democrático.
* Criterio de eficacia económica para a sociedade: A participación de homes e mulleres de igual forma nos recursos económicos e na riqueza dos territorios é unha cuestión de eficacia económica.
* Participación: As políticas de igualdade deben ser obxeto de consensos o máis amplos posible, tanto nos ámbitos políticos como dos diferentes sectores sociais implicados, ben sexan do movimento asociativo, veciñal, universitario, empresarial, etc….
Este Plan de Igualdade ten un carácter integral na medida en que se deseñan liñas de actuación en diferentes áreas (educación, eido laboral, corresponsbilidade e conciliación da vida laboral e familiar, violencia de xénero, empoderamento e participación social e política das mulleres,deporte, cultura, ocio e tempo libre).
Por outra banda, o Plan ten carácter eminentemente participativo, sendo elaborado desde o propio Consello Municipal da Muller e desde a comisión “ad hoc”, é dicer, a comisión de igualdade creada para tal fin. E o Plan realizouse desde o Consello Municipal, desde o traballo da Comisión de Igualdade que se ocupou de coordenar ás comisións temáticas (comisión de emprego e relacións laborais, comisión de saúde e sexualidade, comisión de atención social e reparto de responsabilidade e comisión de violencia de xénero e imaxe social). A participación dos axentes sociais orixinouse desda a elaboración da diagnose até a proposta de obxetivos e accións específicas a desenvolver no propio Plan.
Na elaboración do Plan como nas medidas que se propoñen para os vindeiros anos adoptouse a transversalidade como estratexia, partindo da convicción de que a igualdade é responsabilidade de todas as áreas do Concello e da labor conxunta destes cos axentes sociais. E asi se contempla no Plan local de Igualdade.
Algúns dos obxetivos que se contemplan nas diferentes áreas:
Fomento de valores igualitarios no ámbito da educación:
* Impulsar a transmisión de valores de igualde de xénero entre mulleres e homes mediante a eliminación de estereotipos vinculados á feminidade ou masculinidade, e fomentando a igualdade nas relacións entre xéneros .
* Avanza cara unha escola coeducativa promovendo accións de sensibilización, de eduación en igualdade aportando formación ao alumnado, ao profesorado e ás nais e aos pais de cara a facilitar o tránsito da escola mixta á escola coeducativa.
Corrección das desigualdades existentes no mercado laboral:
* Incrementar a taxa de actividade, ocupación e disminuir o desemprego das mulleres.
* Diversificar as ocupacións das mulleres en Ribadeo.
* Potenciar a disgregación horizontal das mulleres en Ribadeo.
* Favorecer a mellora das condicións laborais das mulleres: temporalidade, contratos a tempo parcial, diferencias salariais.
* Disminuir a representación das mulleres no paro de longa duración.
Corresponsabilidade e concliación da vida laboral e familiar:
* Fomentar a corresponsabilidade de mulleres e homes na asunción de tarefas do fogar e coidado e atención a persoas dependentes.
* Promover actuacións que favorezan a conciliación da vida laboral e familiar.
* Reforzar e mellorar os servizos de atención ás persoas dependentes e aos servizos de apoio comunitario como espazos estratéxicos de actuacion a favor da corresponsabilidade social.
VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES:
* Información sobre a magnitude do problema da violencia de xénero, a súa orixe nas relacións desiguais de xénero, as diferentes tipoloxias, manifestacións e as consecuencias para as mulleres, para os homes e a sociedade en xeral.
* Promover e xerar un cambio profundo no modelo de relacións sociais entre mulleres e homes basándonos nas transformacións a longo prazo para avanzar na plenitude do dereito da cidadania das mulleres, cuestionado pola existencia de violencia de xénero.
* Realizar unha intervención integral con mulleres vítimas de violencia de xénero e coas súas fillas e fillos, e persoas dependentes delas, procurando a recuperación da súa identidade, autonomia e a restauración dos seus proxectos vitais.
* Mellorar a resposta frente á violencia de xénero (prevención primaria) ofertando alternativas eficaces e mellorando a atención ás vítimas de violencia.
EMPODERAMENTO E PARTICIPACIÓN SOCIAL E POLÍTICA DAS MULLERES
* Sensibilizar á poboación en xeral sobre a importancia de alcanzar unha participación equilibrada entre mulleres e homes no ámbito político social, económico… como factor dinamizador do desenvolvemento municipal.
* Promover a creación de asociacións de apoio á consolidación das existentes.
* Promover a participación das mulleres nas estruturas das organizacións e postos de decisión.
FOMENTO DE VALORES IGUALITARIOS EN CULTURA, DEPORTE, OCIO E TEMPO LIBRE
* Recuperar a memoria histórica das mulleres da nosa vila para facer visible a cultura femenina e valorizar o seu papel.
* Traballar para garantir o acceso de todas as mulleres ás novas tecnoloxias.
* Impulsar a linguxe non sexista nas imaxes e nos medios contidos de toda a documentación do Concello.
* Impulsar o deporte como hábito saudable e forma de ocio entre as mulleres de Ribadeo de todas as idades.
SAÚDE E SEXUALIDADE
* Establecer medidas encamiñadas a aumentar a formación das mulleres en relación á saúde reproductiva e afectivo sexual.
* Propoñer mecanismos que axuden a acadar a paridade no coidado das persoas dependentes.
* Desenvolver accións de sensibilización de cara a preveer as enfermidades fomentando hábitos de vida saudables e información para atallar e recoñecer a tempo as diferntes dolencias.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



