NOTA DE PRENSA
Barcia: “o Sr. Martínez dalle a razón o PP cando afirma que a xestión do Goberno da Deputación é nula”
Lugo, a 11 de novembro de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular considera que os datos aportados onte polo responsable da área de Infraestructuras e Obras Manuel Martínez danlle a razón cando critica o baixo ritmo de traballo que impera no Goberno provincial e o baixísimo grao de execución orzamentaria que teñen a estas alturas do ano.
Para os populares, segundo suliña o voceiro adxunto José María González Barcia, que o Sr. Martínez teña que remontarse a hai 22 meses para facer balanzo do feito polo seu departamento “resulta en si mesmo significativo, porque implícitamente está a recoñecer que a execución orzamentaria deste ano non está nos niveis que correspondería co último trimestre do ano”.
Neste senso, o voceiro adxunto dos populares na administración provincial reitera que, a data 30 de xuño, dos 11,6 millóns de euros consignados para mantemento e conservación dos vías proviciais nos orzamentos de 2009, únicamente se tiñan investidos 365.000 euros, é dicir, o 3,1 por cento.
A este “investimento real” pódeselle engadir, en función dos gastos correntes incluidos no capítulo 2 dos orzamentos, 1,9 millóns de euros de mantemento da rede viaria e, “sendo xenerosos”, 1,1 millóns de euros máis procedentes dos remanentes do exercicio 2008. “Sumando todo isto a cifra ascende a 3,4 millóns de euros, moi lonxe dos datos aportados onte polo Sr. Martínez”, suliña González Barcia.
En calquera caso, dende o GPPP animan ó responsable de Infraestructuras da Deputación a que na vez de facer balanzos se adique a poñer en marcha os proxectos que permitan darlle continuidade ó plan de mantemento e conservación das estradas provinciais que está en vigor.



















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



