NOTA DE PRENSA
O deputado popular entende que o traballo desenvolvido por esta oficina administrativa que xestiona un orzamento de 322.000 euros debera ser un instrumentno efectivo para combater o desemprego en plena recesión laboral
BALSEIRO INTERÉSASE NO PARLAMENTO POLA ACTIVIDADE E UTILIDADE DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DA MARIÑA NA LOITA CONTRA O PARO
* Quere coñecer os proxectos postos en marcha por esta unidade técnica, o número de traballadores beneficiados e a avaliación en materia de creación de emprego
* A nova Xunta impulsou o plan de medidas urxentes contra a crise para poñer freo á lacra do paro, nesa liña cómpre avaliar e mellorar todos os instrumentos técnicos e oficinas dispostos nesta batalla permanente contra o desemprego
A Mariña lucense, 05 de novembro de 2009.- O deputado do Partido Popular de Galicia (PPdeG) Jose Manuel Balseiro Orol rexistrou unha iniciativa parlamentaria interesándose na Cámara galega pola actividade e utilidade na loita contra o paro do Pacto Territorial de Emprego da Mariña. O deputado popular entende que o traballo desenvolvido por esta oficina administrativa, que dispón dun cadro de persoal de 5 profesionais e manexa un orzamento bianual de 322.000 euros, debera ser un instrumento efectivo para combater o desemprego en plena recesión laboral e nesa liña, pretende avaliar o seu funcionamento.
Balseiro quere coñecer os proxectos postos en marcha por esta unidade técnica no ámbito de traballo do pacto territorial –isto é todos os concellos da Mariña máis o de Muras e Ritorto-, quere coñecer tamén o número de traballadores beneficiados polas súas accións e que a Xunta poida facer unha avaliación dos logros desta unidade técnica en materia de creación de emprego desde a súa entrada en funcionamento en xaneiro de 2009. Os populares temen que estas oficinas, creadas polo anterior Goberno bipartito poidan converterse en simples chiringuitos de análise estatístico, en vez de promover outras funcións como son a cooperación, coordinación e asesoramento aos axentes locais e os orientadores de emprego municipais.
Os técnicos que traballan nas oficinas deste Pacto Territorial de Emprego –sitas en dependencias municipais do Concello de Foz- tamén teñen a función de manter contactos coas empresas da Mariña co fin de adiantarse ás súas necesidades de emprego e contribuír a mellorar os instrumentos que a Xunta pon en marcha en materia de políticas activas de emprego e formación.
MEDIDAS ÚTILES PARA COMBATER A CRISE NO EMPREGO
“Hoxe herdamos un mercado laboral en crise, caracterizado pola alta destrución de emprego. Por iso faise máis que nunca necesario revisar, corrixir ou potenciar calquera tipo de fórmula ou fórmulas que permitan dinamizar o mercado laboral e fagan máis doada a complicada tarefa de acceder a un emprego” –explicou Balseiro Orol- “Herdamos un mercado laboral en crise, non quixéramos tamén herdar un sistema de pactos territoriais que non cumpren os obxectivos para os que se crearon.”
A XUNTA TRABALLA PARA POÑER FREO Á LACRA DO PARO
Os últimos datos do paro evidencian un incremento no número de persoas desempregadas na Mariña, malia isto, as estatísticas do pasado mes poñen de relevo que o paro crece por debaixo do mes de outubro do pasado ano, o que suporía certa ralentización na destrución de emprego.
“Hai que recoñecer que a nova Xunta está traballando, desenvolvendo un gran esforzo desde o primeiro día, para poñer en marcha as medidas que poidan paliar a situación que tiñamos enriba da mesa, agravada pola inacción do bipartito. Medidas que van en varias direccións, e que se agrupan baixo o nome de Plan de Medidas Urxentes Fronte á Crise: Medidas como a dotación con 178 Millóns de euros para o fomento de emprego, 811 millóns de euros máis para o fomento do tecido produtivo ou 78 millóns de euros para apoiar a liquidez das empresas”.
“O novo Goberno tamén impulsou plans de apoio ás familias, pois somos coñecedores da difícil situación dos parados e queremos contribuír a melloralas. A Xunta sabemos que fará un esforzo sen precedentes para manter os niveis de inversión en políticas sociais e de emprego e todos temos que traballar nesta mesma liña, de aí que sexa importante observar como están funcionando e como se poden mellorar todas as oficina se instrumentos técnicos dispostos para frear a lacra do paro”-explicou Balseiro Orol

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



