Nota de Prensa
Os Socialistas de Cervo pide medidas contundentes ante os datos do paro en Cervo
Balseiro e Mato auguraron que con Feijóo na Xunta o paro reduciríase na comarca, pero os datos demostran unha realidade ben distinta
O Grupo Municipal Socialista de Cervo analizou os datos de paro rexistrados no Concello de Cervo e na Mariña, que dan coma resultado un aumento considerable, especialmente no municipio Cervense.
As mulleres, as mais afectadas
O colectivo mais prexudicado no noso municipio segundo os datos analizados son as mulleres de entre 25 e 44 anos e as maiores de 45. As cifras son mais contundentes si comparamos o número de contratos realizados no mes de Outubro. Dos 62 contratos rexistrados, só 13 corresponderon a mulleres, é dicir un 20% do total, o que demostra a brecha existente entre as posibilidades de acadar un posto de traballo entre homes e mulleres no noso municipio.
Medidas para Mulleres e familias con todos os membros en paro
O Grupo Municipal Socialista pídelle ao PP de Cervo, que non mire para outro lado e que reaccione. O equipo de Goberno, como tal, ten acceso a datos concretos e polo tanto é quen mellor pode saber a situación e as necesidades dos nosos veciños e veciñas. Polo tanto demandamos tamén neste senso, a posta en marcha de accións locais destinadas a variar as tendencias. A maiores, pedimos que se teña especialmente en conta ás mulleres con cargas familiares e ás familias que podan ter a todos os seus membros en paro, posto que son estes colectivos os que están mais expostos a sufrir as consecuencias da crise.
Cervo queda fora dos talleres de emprego postos en marcha por Mato
A pesar de que Cervo é un dos concellos da mariña que mais está a sufrir as consecuencias do paro, e que a Conselleira de Traballo, Beatriz Mato anuncio durante a festa do Xubilado en Cervo que o goberno de Feijóo traballaría para mellorar as cifras e cambiar as tendencias, o certo e que hasta agora o único que ofrece a Consellería son boas palabras e ningún feito, e así deixou a Cervo fora dos concellos que optarán a talleres de emprego.
Polo tanto, instamos á Conselleira de Traballo e Benestar a incorporar a Cervo e a todos os concellos da Mariña en circunstancias similares as nosas, ao listado de Concellos que se beneficiarán do programa de talleres na provincia de Lugo.



















Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



